Libros de actas das reunións da Comisión Directiva da sociedade "Parroquias Unidas del Ayuntamiento de Rianjo" dos anos 1934-1936 e 1936-1943, conservados en formato microfilme e dixital.
Listaxe de socios da "Sociedad Hijos de Lestrove" (3 páxinas) conservada en PDF e en microfilme. Manuscrito datado o 19 de xuño de 1943 e asinado polo secretario social, Ramón Mourelle
Libros de actas das reunións da Sección de Propaganda e Festas da sociedade "Sociedad cultural hijos de las tres parroquias de Dodro" correspondentes aos anos 1936-1939, conservados en formato dixital.
Sociedad cultural hijos de las tres parroquias de Dodro
Ficheiros de socios da "Sociedad Hijos del ayuntamiento de Buján" dos anos 1955-1964 e da "Sociedad del Valle del Dubra" dos anos 1964-1970, conservados en formato dixital.
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas da Sociedad de Instrucción, Cultural y Benéfica "La Baña y su Comarca", conservado en formato dixital:
Libro con 122 actas dende o 11/12/1953 ata o 06/01/1965 (134 páxinas)
La Baña y su Comarca, Sociedad de Instrucción, Cultural y Benéfica
Correspondencia mantida entre a sociedade "La Unión Mañonesa" e o Comité de Sociedades Españolas de A Habana, conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada polo Presidente do Comité con motivo da suscrición a favor do xefe e tripulantes do hidroavión español "Plus Ultra" no vó Palos de Moguer-Arxentina (08/03/1926)
Carta enviada polo Presidente do Comité con motivo da suscrición a favor dos damnificados polo ciclón que azoutara a rexión occidental da Illa (30/10/1926)
Carta enviada polos Presidentes do Casino Español, das Asociacións independentes, do Centro Gallego, do Centro Asturiano e da Cámara Española de Comercio con motivo da suscrición a favor da Cidade Universitaria Hispano-Americana en Madrid (10/08/1927)
Libro de 17 Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Puentedeume y su Partido Judicial" dende 17/02/1927 ata 26/09/1929 (25 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
Puentedeume y su Partido Judicial. Sociedad Española de Beneficencia y Recreo
Memorias dos traballos realizados anualmente, presentadas en sesións celebradas pola Xunta Xeral da "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez":
Conservadas en formato dixital: memorias dos anos 1915, 1917-1919, 1922, 1925-1927, 1932-1938
Conservadas en formato dixital e impreso: memorias dos anos 1928-1931, 1939
Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez