Tarxeta postal enviada pola "Asociación Española de Socorros Mutuos" en decembro do ano 2004, asinada polo Secretario, Enrique San Andrea, e polo Presidente, Luis A. Avellanal.
2 cartas enviadas polo Presidente da Federación de Sociedades gallegas, Leonardo Varela Suárez, ao Vicepresidente do Parlamento Galego, Antonio Carro Fernández-Valmaior por mor dunha visita.
Esta revista foi editada anualmente pola Asociación Residentes de Mos de Bos Aires desde 1918. A publicación inclúe a memoria de actividades e o balance económico da sociedade, ademais de artigos de temática variada como noticias do seu concello natal; entrevistas, saúdos e visitas de autoridades galegas; descricións de actos organizados; artigos divulgativos; recompilación de artigos da prensa sobre a situación galega e as relacións de España con Arxentina; informacións de interese para emigrantes (axudas), noticias sociais, artigos culturais e colaboracións literarias.
Números conservados en papel:
1951: 33º ejercicio social
1952: 34º ejercicio social
1957: 39º aniversario
1958: 40º aniversario
1959: 41º aniversario
1986: 68º aniversario
1987: 69º aniversario
1988: 70º aniversario
1989: 71º aniversario
1990: 72º aniversario
1993: 75º aniversario
1994: 76º aniversario
1995: 77º aniversario
1999: 81º aniversario
2004: n. 1, 86º aniversario
2005: 87º aniversario
2006: 88º aniversario
2009: 91º aniversario
2010: 92º aniversario
Asociación Residentes de Mos, de mutualidad, cultura y recreo
Recortes de prensa e outra documentación relativa ás áreas xeográficas de Viana, Trives ou Valdeorras:
Recorte de "Estudios Gallegos" relativo á provincia de Ourense (1915-1916) (1 páxina)
Recorte do n. 1021 do "Correo de Galicia" (1925) (1 páxina)
N. 13 da revista "Triviana : órgano oficial informativo del Centro Viana-Trives y Partidos Valdeorras-Verín" (1971) (6 páxinas)
Recorte de "Hermandad Gallega de Venezuela" (1975) (2 páxinas)
Recorte de "Asociación de Residentes de Salvatierra de Miño en la República Argentina" (1999) (1 páxina), con fotografía do Presidente, Francisco Rodríguez González, do Secretario Xeral, Ángel Estévez e da Secretaria de Actas, Analía Álvarez xunto cos señores Pereyra e González Míguez.
Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, asociación cultural, social y recreativa
Facturas, recibís e balances económicos da sociedade "Unión Progresista del Distrito de Covelo" dos anos 1929-1935, 1937, 1939-1942, 1944, 1946-1948, 1952-1953, conservada en formato microfilme e dixital
Programas de actos organizados polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" con motivo das "Xornadas de Cultura Galega" celebradas en Montevideo nos anos:
Programa de actos organizados polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" con motivo das "IIª Xornadas Culturais da Lingua Galaico-Portuguesa" celebradas en Montevideo entre xullo e agosto de 1980.