Fotografías realizadas durante as actividades da sociedade "El Valle de Oro", conservadas en formato dixital: Xuntas Directivas, Presidentes, escolas, festivais, etc.
El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo
Folletos informativos nos que se da a coñecer o Instituto Argentino-Gallego "Santiago Apóstol", fruto da colaboración da Xunta de Galicia e o Centro Galicia de Bos Aires por medio da Fundación Galicia-América:
Tríptico coa descrición do centro, a proposta educativa, as actividades e os niveis educativos (1998)
Folla voandeira co aviso da nova inscrición e indicación de ensino oficial (2003)
Folleto con información sobre as entidades precedentes e o Centro Galicia, as súas sedes sociais e deportivas nese momento e a futura sede social (05/1988) (16 páxinas)
Folleto informativo sobre a institución, as actividades culturais e deportivas que desenvolve, as súas instalacións e o anuncio do primeiro centro educativo arxentino-galego (07/1992) (24 páxinas)
Folleto con información mutualista e o programa do Festival Anual de fin de curso de 1993 (28 páxinas)
Fotografías tomadas en actividades da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cerdido": tomas de posesión, escolas, panteóns, actos, comidas, etc., conservadas en formato dixital.
Documentación relativa á fundación das escolas promovidas pola sociedade "Monterroso y Antas de Ulla" na parroquia, conservada en formato dixital e impreso:
Planos que formaban parte dun proxecto de construcción de escolas (27/05/1920) (4 páxinas)
Escritura de venda do terreo da familia Fente Fernández no termo de Verín, Monterroso (19/06/1926) (4 páxinas)
Acta notarial de subsanación do contrato en favor de Teolindo Cortiñas Toural (31/12/1927) (5 páxinas)
Escritura de doazón de Manuel García Núñez a favor de Verísimo García López (01/03/1928)
Escritura de doazón de terreos da parroquia de San Cibrao de Barreiro, Antas de Ulla, de Manuel García Núñez a favor da sociedade (24/03/1928) (3 páxinas)
Escritura de subsanación outorgada por Manuel García Núñez a favor de Verísimo García López (07/11/1928) (6 páxinas)
Copia do poder outorgado pola sociedade a favor de Teolindo Cortiñas Toural, José Valcárcel Luna, Antonio García Vázquez e Gabino Vázquez ante o Cónsul de España (23/12/1929) (6 páxinas)
Escritura de compromiso outorgado por Gabino Vázquez Fernández a favor da sociedade (14/03/1932) (5 páxinas)
Copia do compromiso do Comité encargado da execución das obras dunha casa-escola en Porto Gradio, Santiago de Reboredo (07/02/1936) (2 páxinas)
Escritura de traspaso de propiedades da sociedade a favor do concello de Monterroso (10/10/1955) (10 páxinas)
Correspondencia relativa á construcción das distintas escolas promovidas pola sociedade "Monterroso y Antas de Ulla" nos concellos de Monterroso e Antas de Ulla, entre os anos 1923 e 1938, conservadas en formato dixital e impreso.