Print preview Close

Showing 180 results

Archival description
File Cartas
Print preview View:

36 results with digital objects Show results with digital objects

Tarxetas postais

Tarxetas postais enviadas pola Irmandade Galega na Suiza para felicitar as festas navideñas, conservadas en formato papel:

  • Tarxeta enviada en 1987 para felicitar o ano novo 1988
  • Tarxeta sen datar

Irmandade Galega na Suiza

Carta enviada aos socios

Carta enviada por Galiza Hoxe Asociación Cultural Galega solicitando o pago da cuota anual para poder sufragar, entre outras cousas, o seu programa de radio semanal, conservada en formato papel.

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Cartas relativas á Xunta de Organizacións Galegas en Europa

Cartas enviadas por Carlos Xohan Díaz, Secretario da sociedade Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, relativas á Xunta de Organizacións Galegas en Europa (XOGE), conservadas en formato papel:

  • Carta enviada o 10/03/1980 a Miguel Palomo, Presidente do Centro Galego de Bruxelas, acerca do programa do Día de Galicia en París en curso e acerca de documentación da XOGE.
  • Carta enviada o 27/05/1980 a 21 grupos galegos na Suiza para facerlles chegar a acta das dúas primeiras xuntanzas da XOGE e a convocatoria e orde do día da xuntanza que se celebrará en Aarau o día 8 de xuño para preparar a xuntanza dos días 21 e 22 que se celebrará en Suiza.
  • Carta enviada o 10/06/1980 ós grupos galegos na Suiza, para facerlles chegar a acta da xuntanza da XOGE celebrada o día 8 e os enderezos postais dos grupos galegos na Suiza.
  • Carta enviada o 26/08/1980 ás asociacións e grupos galegos na Suiza, para convocalos á próxima xuntanza da XOGE que se celebrará o día 14 de setembro en Zürich.

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Documentación persoal de Francisco Grueiro Rivera

Documentación persoal de Francisco Grueiro Rivera, socio fundador da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Capela", conservados en formato dixital e impreso:

  • 3 pasaxes de varias compañías navieiras
  • 1 partida de nacemento
  • Correspondencia enviada e recibida
  • Recibís dos negocios familiares

Hijos del Ayuntamiento de Capela. Sociedad de instrucción, recreo y protección al asociado

Carta

Carta enviada polo Presidente da sociedade "Centro Gallego y Saviñao", José Picallo Durán, á Directora do Arquivo da Emigración Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, o día 28/04/1997 en contestación á súa solicitude de información, indicando as celebracións nas que participa anualmente. Adxuntos á carta remitiron a seguinte documentación:

  • Escudo
  • Fotocopia de Estatutos
  • Memoria do último exercicio
  • Comisión Directiva
  • Reseña histórica
  • Documentación sobre a súa fusión coa "Asociación Saviñao y sus contornos"
  • Recreo Social
  • Documentación sobre a súa participación en concursos da Xunta de Galicia
  • Material informativo sobre actividades
  • 2 números da revista "Galicia en Rosario"

Centro Gallego de Rosario, asociación mutual

Libro copiador

Libro copiador da correspondencia da "Sociedad Finisterre en América" dos anos 1928-1929, conservado en formato microfilme.

Sociedad Finisterre en América

Tarxeta postal

Tarxeta postal enviada pola "Asociación Española de Socorros Mutuos" en decembro do ano 2004, asinada polo Secretario, Enrique San Andrea, e polo Presidente, Luis A. Avellanal.

Patronato da cultura galega de Montevideo

Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Carta enviada por José Álvarez Teijeiro, do "Centro Galego de La Rioja", ao Consello da Cultura Galega, o día 06/01/1999, para facerlle chegar a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" (8 páxinas) cuberta, conservadas en formato papel.

Centro Galego de La Rioja

Correspondencia recibida

Correspondencia recibida pola sociedade "Unión Quiroguesa y sus distritos" durante os anos 1934, 1936-1939, 1941-1944, 1944-1945 e 1948-1956

Unión Quiroguesa y sus distritos

Correspondencia recibida. Ano 1925

Cartas manusctritas e mecanografadas recibidas pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante o ano 1925 conservada en formato microfilme e dixital.

Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño

Correspondencia enviada ao Consello da Cultura Galega

Correspondencia enviada ao Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel:

  • Carta enviada o 22/02/1999 para informar do cambio de Presidente da sociedade (fotocopia).
  • Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"
  • Carta enviada en xaneiro de 2002 para comunicar a renovación da Xunta Directiva.

Irmandade Galega de Rubí

Carta coas enquisas "Entidades" e "Medios de comunicación"

Carta enviada o 07/04/1991 por Alberte Sanmartín, Delegado de Cultura do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, ao consello da Cultura Galega, para achegarlles a seguinte documentación en formato papel:

  • Memoria e fins societarios
  • Enquisa "Entidades" para elaborar o censo cultural
  • Enquisa "Medios de comunicación" para elaborar o censo cultural

Centro Gallego de Vizcaya en Baracaldo

Carta enviada ao Consello da Cultura Galega

Carta asinada polo Secretario, Xosé Pérez Ríos, e o Presidente, Miguel Palomo López, do "Centro Gallego de Bruselas", enviada o 11/04/1991 ao Consello da Cultura Galega, en resposta á súa solicitude de información, remitindo documentación societaria, conservada en formato papel.

Centro Gallego de Bruselas

Correspondencia recibida. Ano 1930

Cartas manusctritas e mecanografadas recibidas pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante o ano 1930 conservada en formato microfilme e dixital.

Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño

Correspondencia recibida. Ano 1931

Cartas manusctritas e mecanografadas recibidas pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante o ano 1931 conservada en formato microfilme e dixital.

Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño

Correspondencia enviada. Ano 1926

Cartas enviadas pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante os anos 1926, conservada en formato microfilme e dixital.

Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño

Correspondencia enviada. Ano 1929

Cartas enviadas pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante os anos 1929, conservada en formato microfilme e dixital.

Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño

Correspondencia enviada. Ano 1930

Cartas enviadas pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante os anos 1930, conservada en formato microfilme e dixital.

Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño

Results 21 to 40 of 180