Documentación relativa á fundación das escolas promovidas pola sociedade "Monterroso y Antas de Ulla" na parroquia, conservada en formato dixital e impreso:
Planos que formaban parte dun proxecto de construcción de escolas (27/05/1920) (4 páxinas)
Escritura de venda do terreo da familia Fente Fernández no termo de Verín, Monterroso (19/06/1926) (4 páxinas)
Acta notarial de subsanación do contrato en favor de Teolindo Cortiñas Toural (31/12/1927) (5 páxinas)
Escritura de doazón de Manuel García Núñez a favor de Verísimo García López (01/03/1928)
Escritura de doazón de terreos da parroquia de San Cibrao de Barreiro, Antas de Ulla, de Manuel García Núñez a favor da sociedade (24/03/1928) (3 páxinas)
Escritura de subsanación outorgada por Manuel García Núñez a favor de Verísimo García López (07/11/1928) (6 páxinas)
Copia do poder outorgado pola sociedade a favor de Teolindo Cortiñas Toural, José Valcárcel Luna, Antonio García Vázquez e Gabino Vázquez ante o Cónsul de España (23/12/1929) (6 páxinas)
Escritura de compromiso outorgado por Gabino Vázquez Fernández a favor da sociedade (14/03/1932) (5 páxinas)
Copia do compromiso do Comité encargado da execución das obras dunha casa-escola en Porto Gradio, Santiago de Reboredo (07/02/1936) (2 páxinas)
Escritura de traspaso de propiedades da sociedade a favor do concello de Monterroso (10/10/1955) (10 páxinas)
Documentación da Subcomisión da sociedade "Hijos del Partido de Lalín en Buenos Aires", conservada en formato dixital:
Carta enviada ao Presidente da sociedade "Hijos del Partido de Lalín" relativa ao proxecto de colaboración para a construcción dunha escola-hospital-asilo (05/10/1928)
Proxecto e memoria e balance da sociedade arxentina
Díptico dedicado aos socios da sociedade Progreso de Lanzós títulado "Mensaje a nuestros hermanos los emigrados" (1957), conservado en formato papel e dixitalizado.
Diplomas e certificados da "Unión Mugardesa", conservados en formato dixital:
Modelos de diploma de socio de mérito e de socio fundador
Diploma de premio á constancia outorgado a José Pico Corral (1919)
Diploma pola participación no IV día de Galicia Exterior (12-13/08/2004)
Nota informativa sobre a festa da Merced (01/04/1982)
Certificado do Concello de Mugardos, asinado polo seu secretario, Francisco Galán Castro, coas normas a seguir para as delegacións da sociedade (23/06/1911)
Títulos e diplomas conservados en formato dixital:
Diploma da concesión do título de socia de honor outorgado a Josefa Álvarez pola sociedade "Club Navia de Suarna" (1941)
Diploma da concesión da medalla de ouro colectiva ao mérito no traballo das asociacións e centros españois en Iberoamérica outorgado polo Ministro de Traballo (1969)
Club Navia de Suarna. Sociedad de instrucción, recreo y protección
Correspondencia varia recibida pola sociedade "La Unión Mañonesa", conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada pola Comisión Organizadora para a Creación da Federación Ortegana ao Presidente da sociedade de instrución do Partido Xudicial de Ortigueira (17/05/1926)
Carta enviada polo Comisionado Xeral do Goberno de Cuba ao Presidente da sociedade con motivo da Exposición Iberoamericana de Sevilla (10/09/1927)
Carta enviada polo socio José Rubiños Berdeal ao Presidente da sociedade solicitando axuda económica (17/09/1927)
Carta enviada polo Brigadier do Exército Nacional da Comandancia Militar da Provincia de A Habana ao Secretario da sociedade cunha autorización (20/06/1933)
Correspondencia da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada" de A Habana durante os anos 1958-1995, conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada aos socios recomendando a Manuela García (28/05/1958)
Carta enviada a Fernando Magariños Torres, Xefe da Sección de Asistencia Social do Instituto Español de Emigración do Ministerio de Traballo, para enviarlle unha enquisa (21/12/1967)
Carta enviada á Federación de Sociedades Españolas de Cuba relativa á relación entre sociedades (06/04/1969)
Carta enviada á Federación de Sociedades Españolas de Cuba relativa á relación entre sociedades (09/12/1969)
Carta enviada polo Cónsul Xeral de España en Cuba, Joaquín Eduardo de Thomas, sobre a concesión da Medalla de ouro colectiva ao Mérito no Traballo outorgada polo Ministerio a proposta do Instituto Español de Emigración (12/03/1971)
Carta enviada ao Alcalde de As Pontes de García Rodríguez, Aquilio Meizoso, en agradecemento pola axuda económica recibida para as obras de restauración do Panteón da sociedade (07/05/1995)
Correspondencia da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós", conservada en formato dixital e impreso, mantida cos seus asociados e con: