Esta revista foi editada anualmente pola Asociación Residentes de Mos de Bos Aires desde 1918. A publicación inclúe a memoria de actividades e o balance económico da sociedade, ademais de artigos de temática variada como noticias do seu concello natal; entrevistas, saúdos e visitas de autoridades galegas; descricións de actos organizados; artigos divulgativos; recompilación de artigos da prensa sobre a situación galega e as relacións de España con Arxentina; informacións de interese para emigrantes (axudas), noticias sociais, artigos culturais e colaboracións literarias.
Números conservados en papel:
1951: 33º ejercicio social
1952: 34º ejercicio social
1957: 39º aniversario
1958: 40º aniversario
1959: 41º aniversario
1986: 68º aniversario
1987: 69º aniversario
1988: 70º aniversario
1989: 71º aniversario
1990: 72º aniversario
1993: 75º aniversario
1994: 76º aniversario
1995: 77º aniversario
1999: 81º aniversario
2004: n. 1, 86º aniversario
2005: 87º aniversario
2006: 88º aniversario
2009: 91º aniversario
2010: 92º aniversario
Asociación Residentes de Mos, de mutualidad, cultura y recreo
2 cartas enviadas polo Presidente da Federación de Sociedades gallegas, Leonardo Varela Suárez, ao Vicepresidente do Parlamento Galego, Antonio Carro Fernández-Valmaior por mor dunha visita.
Tarxeta postal enviada pola "Asociación Española de Socorros Mutuos" en decembro do ano 2004, asinada polo Secretario, Enrique San Andrea, e polo Presidente, Luis A. Avellanal.