Correspondencia mantida entre a "Sociedad de Instrucción de Naturales de Puentes de García Rodríguez" e a Delegación da mesma en As Pontes, entre outros, conservada en formato dixital.
Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez
Convite do "Patronato da cultura galega de Montevideo" para asistir á inauguración da exposición de pinturas de Manuel Otero na sede do padroado o día 11/06/1993.
Convites a conferencias organizadas pola Federación de entidades culturais galegas de Catalunya co gallo do Día das Letras, conservados en formato papel:
Xosé Ramón Barreiro Fernández: "A Real Academia Galega : pasado, presente e futuro" (12/05/2007)
Xosé María Álvarez Cáccamo: "Xosé María Álvarez Blázquez. A terra, os libros, a poesía" (10/05/2008)
Carlos Sixirei Paredes: "Reflexión a partir da figura de Uxío Novoneira" (28/05/2010)
Federación de entidades culturales gallegas en Catalunya
Convite da "Embajada de España" e o "Instituto de Cooperación Iberoamericana" en colaboración co "Patronato da cultura galega de Montevideo" para asistir á conferencia da poetisa galega Luisa Castro titulada "Laberinto de lenguas, laberinto de culturas" na sede do padroado.
2 convites conminando á adhesión polo Día das Letras Galegas
1 convite a unha exposición na Galería Lucense os días 17-30/09/1970 de artesanía e postais galegas
1 convite a unha exposición na Galería Lucense entre o 21/04/1972 e o 04/05/1972 de affiches sobre motivos galegos realizados polo debuxante Manuel Cordeiro
Comunicacións e manifestos dos anos 1936-1954 dirixidos á colectividade galega en Bos Aires, aos residentes de Lalín e aos electores e afiliados da "Federación de Sociedades Gallegas".
Libros de Actas das reunións da Comisión Directiva e das Asembleas de Socios da sociedade "Centro Villalbés - Cospeito" de 1938-1945 (193 páxinas), conservado en formato microfilme e dixital.
Carteis da montaxe audiovisual "Historia de Galicia" organizada pola Irmandade Galega na Suiza e Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, conservados en formato papel:
Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada o día 26/06/1946 pola socia Escolástica Sánchez ao Presidente da sociedade, Julio Rodríguez Blanco, en agradecemento pola súa atención durante un período de enfermidade.
Listaxe de compoñentes do Comité de Damas da sociedade.