Documentación relativa aos mestres das escolas promovidas pola sociedade "Liga Santaballesa", conservada en formato impreso: oposicións, solicitudes, nomeamentos, soldos, etc.
Documentación da sociedade "Unión Villalbesa y su Comarca" relativa ao Panteón societario, conservada en formato dixital:
1 libro de rexistro de inhumacións dende 01/1928 ata 11/1976 (57 páxinas)
1 listaxe do Osario da sociedade dende o 03/04/1928 ata o 02/12/1970 (1 páxina) e do Osario de "San Lorenzo de Árbol y su Comarca" dende o 11/08/1937 ata o 20/11/1968 (2 páxinas)
1 autorización de sepultura do 04/09/1968 (1 páxina)
1 listaxe do Mausoleo da sociedade dende o 04/09/1968 ata o 04/06/1971 e do Mausoleo de "San Lorenzo de Árbol y su Comarca" dende o 29/08/1968 ata o 16/07/1971 (1 páxina)
Expediente de doazón das escolas de O Valadouro e Alfoz, financiadas pola sociedade "El Valle de Oro", aos concellos respectivos, conservado en formato dixital e impreso.
El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo
Expediente de fusión das sociedades "Progreso de Lousada" e "Hijos de Roupar" na sociedade de nova creación "Roupar y Lousada", conservado en formato papel (fotocopias):
Regulamento aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 05/05/1957
Inventario de propiedades de ambas sociedades
Acta de fusión do 05/07/1957
Envío para aprobación do Gobernado da Provincia de A Habana (05/07/1957)
Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia
Expediente de levantamento do Panteón e Osario da sociedade "Club Navia de Suarna" situados no Cemiterio de Cristóbal Colón de A Habana, conservado en formato dixital:
Planos do Panteón
Listaxe de tareas e de materiais (1995)
Club Navia de Suarna. Sociedad de instrucción, recreo y protección
Fotografías realizadas durante as actividades realizadas pola sociedade "Monterroso y Antas de Ulla", conservadas en formato dixital: en banquetes, romerías e actos, en reunións das Xuntas Directivas e dos socios, do Comité de Damas, do Presidente e outros directivos, dos grupos de baile e de grupos de maestras e nenos en clase.