Alzado da fachada do Hospital e Asilo e da Escola de Lalín, fundados pola "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua", conservado en formato papel.
Carta do presidente do Centro Arzuano Mellidense, Manuel Quiroga, ao Consello da Cultura Galega que adxunta contestación á enquisa sobre a actividade cultural da entidade.
Enquisas realizadas polo AEG ao Instituto Argentino de Cultura Gallega sobre fontes documentais e sobre as sociedades galegas no mundo, acompañadas da carta do Instituto
Estatutos sociais da "Asociación Villagarcía de Arosa" aprobados en asemblea xeral ordinaria do 14/09/1991 (22 páxinas), conservados en formato dixital.
Expedientes de escolas financiadas pola sociedade "Unión del partido de Lalín en Buenos Aires".
Conservados en formato orixinal: 2 programas educativos para as súas escolas, Regulamento das escolas publicado no ano 1922, e traballos dos alumnos das escolas financiadas pola sociedade, que inclúen mapas, debuxos, etc.
Conservados en microficha: un inventario de útiles dos anos 1922-1923 e documentación dos anos 1928-1929.
Ficheiros de socios da "Sociedad Hijos del ayuntamiento de Buján" dos anos 1955-1964 e da "Sociedad del Valle del Dubra" dos anos 1964-1970, conservados en formato dixital.