Tarxetas postais de felicitación de Nadal enviadas pola "Enxebre Orde da Vieira" convidando ao socios a reunirse en Madrid coincidindo coa celebración de Carnaval, conservadas en formato papel:
Tarxeta postal enviada pola "Asociación Española de Socorros Mutuos" en decembro do ano 2004, asinada polo Secretario, Enrique San Andrea, e polo Presidente, Luis A. Avellanal.
2 cartas enviadas polo Presidente da Federación de Sociedades gallegas, Leonardo Varela Suárez, ao Vicepresidente do Parlamento Galego, Antonio Carro Fernández-Valmaior por mor dunha visita.
Carta enviada polo Presidente da asociación, Santiago Coelho Rodríguez Campo, para facer chegar a súa tarxeta e o proxecto cultural deseñado para o período 2008-2009. O AEG conserva o proxecto cultural en papel e CD.
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago
Libro copiador de cartas da sociedade "Residentes del Municipio de Vedra en Sud-América" correspondente aos anos 1910-1929 (496 páxinas) e libro copiador de cartas da "Sociedad Agrícola Residentes del Municipio de Vedra en Buenos Aires" correspondente aos anos 1932-1940 (111 páxinas)
Sociedad agrícola, cultural y recreativa del municipio de Vedra en Buenos Aires
Recortes de prensa, correspondencia e demáis documentación da sociedade "Hijos del partido de Lalín en Buenos Aires" relativa á homenaxe á Ramón María Aller Ulloa na vila de Lalín no primeiro aniversario do seu pasamento.
Expediente de doazón das escolas de O Valadouro e Alfoz, financiadas pola sociedade "El Valle de Oro", aos concellos respectivos, conservado en formato dixital e impreso.
El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo
Carta do presidente do Centro Arzuano Mellidense, Manuel Quiroga, ao Consello da Cultura Galega que adxunta contestación á enquisa sobre a actividade cultural da entidade.
A sociedade Promoción da Cultura Galega de Zürich envía a enquisa "As Sociedades Galegas no Mundo" cuberta a iniciativa do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega (19/05/1999).
Correspondencia e documentación da sociedade "Hijos del partido de Lalín en Buenos Aires" dos anos 50 relativa á construcción dun Instituto Laboral en Lalín.