Showing 5 results

Archival description
Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego España File Emigración galega
Print preview View:

Carta enviada aos socios

Carta enviada por Galiza Hoxe Asociación Cultural Galega solicitando o pago da cuota anual para poder sufragar, entre outras cousas, o seu programa de radio semanal, conservada en formato papel.

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Cartas relativas á Xunta de Organizacións Galegas en Europa

Cartas enviadas por Carlos Xohan Díaz, Secretario da sociedade Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, relativas á Xunta de Organizacións Galegas en Europa (XOGE), conservadas en formato papel:

  • Carta enviada o 10/03/1980 a Miguel Palomo, Presidente do Centro Galego de Bruxelas, acerca do programa do Día de Galicia en París en curso e acerca de documentación da XOGE.
  • Carta enviada o 27/05/1980 a 21 grupos galegos na Suiza para facerlles chegar a acta das dúas primeiras xuntanzas da XOGE e a convocatoria e orde do día da xuntanza que se celebrará en Aarau o día 8 de xuño para preparar a xuntanza dos días 21 e 22 que se celebrará en Suiza.
  • Carta enviada o 10/06/1980 ós grupos galegos na Suiza, para facerlles chegar a acta da xuntanza da XOGE celebrada o día 8 e os enderezos postais dos grupos galegos na Suiza.
  • Carta enviada o 26/08/1980 ás asociacións e grupos galegos na Suiza, para convocalos á próxima xuntanza da XOGE que se celebrará o día 14 de setembro en Zürich.

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Enquisas "Censo Cultural"

Enquisas Censo Cultural relativas a Entidades e a Medios de comunicación, cubertas pola asociación Galiza Hoxe a petición do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, conservadas en formato papel.

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Correspondencia enviada polo Presidente da Peña

Correspondencia enviada pola Peña Galega de Munich.

Conservada en formato papel (orixinal):

  • Carta enviada por Modesto Hermida a Carlos Díaz, de Galicia Hoxe, o día 22/02/1980, a propósito dunha conta bancaria cun fondo de cartos da XOGE.
  • Carta enviada por Modesto Hermida a Carlos Díaz, de Galicia Hoxe, o día 20/01/1981, a propósito dunha xuntanza.

Conservada en formato papel (fotocopias):

  • Carta enviada por Modesto Hermida a Eliseo Barbeito Naya o 03/01/1981, a propósito dunha conta bancaria cun fondo de cartos da XOGE.

Peña Gallega de Munich

Programas do coro Cantigas da Terra

Programas das actividades do coro Cantigas da Terra, organizados por Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, conservados en formato papel:

  • Díptico da xornada adicada aos emigrantes galegos en Europa (15/07/1980)
  • Díptico do Festival de folclore galego

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego