Programas da "Fiesta popular de las nacionalidades y comunidades autónomas" celebrada cada mes de xuño pola Irmandade A Nosa Galiza en Mollet del Vallés, conservados en formato papel:
Díptico da XVII festa de 1996 (213 x 157 mm)
Díptico da XXVIII festa de 2007 (215 x 100 mm)
Folla voandeira da XXXI festa de 2010 (214 x 100 mm)
Programas de actividades organizadas pola Federación de entidades culturais galegas de Catalunya con motivo da xuntanza de entidades galegas de Cataluña en Galicia, conservados en formato papel:
Díptico da xuntanza de entidades galegas de Cataluña en Santiago de Compostela e Vedra co gallo do 20º aniversario societario e en homenaxe a Ana Kiro (11-12/08/2010)
Díptico do encontro da comunidade galega en Cataluña en O Courel e na Seara (13/08/2013)
Federación de entidades culturales gallegas en Catalunya
Carta enviada o día 04/11/1996 dende a Casa de Galicia en Santurce a María Jesús Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, para remitirlle información solicitada:
Enquisa "Entidades" para elaborar o Censo Cultural
Enquisa "Medios de comunicación" para elaborar o Censo Cultural
Memoria sucinta con datos estatísticos a día 01/02/1995
Libro de Actas das reunións da Comisión Directiva da "Sociedad hijos de Prevediños y sus contornos" de 1921-1937 (383 páxinas), conservado en formato microfilme e dixital.
Carta enviada por Víctor Valiño Arceo, Presidente do "Centro Gallego de Llodio", en Álava, a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, en novembro de 1998, para facerlle chegar a enquisa "As sociedades galegas no mundo" (8 páxinas) cuberta e certa documentación societaria, conservada en formato papel.
Recibos do pago da cota social para os socios do Círculo Habanero de la Devesa na Habana. Formato 1: Recibo a nome de Secundino Bolaño López, con data de 1 de xaneiro de 1930 Formato 2: Recibo sen cubrir con data de 1 de xaneiro de 1926
Monografía titulada "Homaxe a Galiza no seu día : 25 de xullo de 1942" con letras das cancións interpretadas pola Coral Galega Os Rumorosos, conservada en formato papel.
Libro de Actas das reunións das Asembleas de Socios da "Sociedad hijos de Prevediños y sus contornos" de 1921-1937 (383 páxinas), conservado en formato microfilme e dixital.