Showing 27 results

Archival description
Ourense (Provincia) File
Print preview View:

Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libros de Actas da sociedade "Trives y su Comarca", conservados en formato dixital e impreso:

  • Libro con 13 actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios dende o 12/06/1921 ata o 16/01/1923 (16 páxinas)
  • Libro copiador das 54 actas das Xuntas Directivas e Xeral, ordinarias e extraordinarias, dende o 29/12/1923 ata 21/12/1927 (38 páxinas)
  • Libro con 51 actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios dende o 09/01/1928 ata 28/04/1940 (77 páxinas)

Unión Trivesa

Cartas relativas aos socios

Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada o día 26/06/1946 pola socia Escolástica Sánchez ao Presidente da sociedade, Julio Rodríguez Blanco, en agradecemento pola súa atención durante un período de enfermidade.
  • Listaxe de compoñentes do Comité de Damas da sociedade.

Unión Trivesa

Regulamentos

Regulamentos conservados en formato papel (fotocopias):

  • Regulamento da asociación "Unión Orensana" aprobado o 27/02/1940 (35 páxinas)
  • Regulamento da asociación "Centro Unión Orensana de La Habana" certificado o 02/05/1995 (19 páxinas)

Centro Unión Orensana de La Habana

Carta coa enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"

Carta enviada polo Presidente do "Centro Unión Orensana de La Habana", Xosé Manuel Docampo, á Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, na que responda á súa solicitude de información sobre a sociedade "Unión Orensana" e indica que en xuño de 1994 foi encargado da Comisión Organizadora do seu rescate, cando pasaría a chamarse "Centro Unión Orensana de La Habana". Envía o regulamento vixente no momento de escribir a carta, o regulamento de 1940, emblemas antigo e actual, relación de actividades realizadas en 1996 e a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta.

Centro Unión Orensana de La Habana

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas da "Sociedad de Instrucción Progreso de Coles", conservados en formato dixital e impreso:

  • Libro con 91 actas dende o 27/12/1910 ata o 06/03/1922 (200 páxinas)
  • Libro con 80 actas dende o 31/03/1922 ata o 10/03/1932 (177 páxinas): dixitalizado incompleto
  • Libro con 129 actas dende o 13/05/1933 ata o 19/08/1963 (194 páxinas)

Sociedad Progreso de Coles

Documentación do Panteón

Documentación relativa ao Panteón da "Sociedad de Beneficencia y Recreo Progreso de Coles", conservada en formato dixital e impreso:

  • Certificado de cesión do Panteón e escritura de propiedade (25/04/1968)
  • Certificado de acta (09/12/1969)

Sociedad Progreso de Coles

Documentación da escola

Escrituras notariais da "Sociedad de Instrucción Progreso de Coles", conservadas en formato dixital e impreso:

  • Escritura notarial dunha cesión económica coa sociedade "Agricultores de Coles" (19/08/1911)
  • Escritura notarial dun préstamo con hipoteca (20/09/1957)

Sociedad Progreso de Coles

Results 21 to 27 of 27