Expediente de doazón das escolas de O Valadouro e Alfoz, financiadas pola sociedade "El Valle de Oro", aos concellos respectivos, conservado en formato dixital e impreso.
El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo
Estatutos sociais da "Asociación Villagarcía de Arosa" aprobados en asemblea xeral ordinaria do 14/09/1991 (22 páxinas), conservados en formato dixital.
Enquisas realizadas polo AEG ao Instituto Argentino de Cultura Gallega sobre fontes documentais e sobre as sociedades galegas no mundo, acompañadas da carta do Instituto
Carta do presidente do Centro Arzuano Mellidense, Manuel Quiroga, ao Consello da Cultura Galega que adxunta contestación á enquisa sobre a actividade cultural da entidade.
Documentación da sociedade "Unión Villalbesa y su Comarca" relativa ao Panteón societario, conservada en formato dixital:
1 libro de rexistro de inhumacións dende 01/1928 ata 11/1976 (57 páxinas)
1 listaxe do Osario da sociedade dende o 03/04/1928 ata o 02/12/1970 (1 páxina) e do Osario de "San Lorenzo de Árbol y su Comarca" dende o 11/08/1937 ata o 20/11/1968 (2 páxinas)
1 autorización de sepultura do 04/09/1968 (1 páxina)
1 listaxe do Mausoleo da sociedade dende o 04/09/1968 ata o 04/06/1971 e do Mausoleo de "San Lorenzo de Árbol y su Comarca" dende o 29/08/1968 ata o 16/07/1971 (1 páxina)