Amosando 803 resultados

Descrición arquivística
Unidade documental composta
Previsualización da impresión Ver:

56 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Expediente de levantamento do Panteón e Osario no Cemiterio de Cristóbal Colón

Expediente de levantamento do Panteón e Osario da sociedade "Club Navia de Suarna" situados no Cemiterio de Cristóbal Colón de A Habana, conservado en formato dixital:

  • Planos do Panteón
  • Listaxe de tareas e de materiais (1995)

Club Navia de Suarna. Sociedad de instrucción, recreo y protección

Expediente de fusión das sociedades "Progreso de Lousada" e "Hijos de Roupar"

Expediente de fusión das sociedades "Progreso de Lousada" e "Hijos de Roupar" na sociedade de nova creación "Roupar y Lousada", conservado en formato papel (fotocopias):

  • Regulamento aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 05/05/1957
  • Inventario de propiedades de ambas sociedades
  • Acta de fusión do 05/07/1957
  • Envío para aprobación do Gobernado da Provincia de A Habana (05/07/1957)

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

Expediente das escolas de O Valadouro e Alfoz

Expediente de doazón das escolas de O Valadouro e Alfoz, financiadas pola sociedade "El Valle de Oro", aos concellos respectivos, conservado en formato dixital e impreso.

El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo

Exercicios do alumnado

Exercicios de lingua de Celso Alonso Rodríguez, alumno dunha escola da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua", conservados en formato papel.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Estatutos do Grupo Galego de Aarau

Estatutos do Grupo Galego de Aarau, conservados en formato papel:

  • Estatutos orixinais co selo societario (04/05/1975) (fotocopias)
  • Estatutos renovados e apéndice co regulamento de uso dos locais sociais (12/01/1985)

Grupo Galego de Aarau

Estatutos do Centro Gallego de Winterthur

Estatutos do Centro Gallego de Winterthur:

Conservados en formato papel (orixinais):

Estatutos renovados (13/04/1991)

Conservados en formato papel (fotocopias):

Estatutos traducidos ao alemán (01/04/1973)
Estatutos (29/09/1979)

Centro Gallego de Winterthur

Estatutos de Naturales de Ortigueira

Estatutos xerais da sociedade "Naturales de Ortigueira":

  • Estatutos aprobados os días 25-26/10/1941 (90 páxinas), conservados en formato dixital e impreso.
  • Estatutos aprobados o día 14/12/1944 (101 páxinas), conservados en formato dixital e impreso.
  • Estatutos aprobados os días 08-22/05/1957 (122 páxinas), conservados en formato papel (fotocopias)

Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua Naturales de Ortigueira

Estatutos de Hijas de Galicia

Estatutos de "Hijas de Galicia":

  • Estatutos reformados o 29/11/1938 e aprobados o 03/12/1938, conservados na edición facsímil: "Regulamentos e Estatutos das Sociedades Galegas de Cuba" editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Conservada copia dixital e impresa incompleta.
  • Estatutos aprobados o 29/02/1944 (90 páxinas), conservados en formato dixital.

Hijas de Galicia

Estatutos da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Estatutos da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia" conservados en formato papel e dixital:

  • Estatutos aprobados pola Xunta Xeral o 11/01/1932 (48 páxinas)
  • Estatutos aprobados pola Xunta Xeral o 18/09/1936 (51 páxinas)
  • Estatutos aprobados pola Xunta Xeral o 30/03/1941 (55 páxinas)
  • Estatutos aprobados pola Xunta Xeral o 17/04/1959 (44 páxinas)

Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Estatutos da "Hermandad Gallega de Venezuela"

Estatutos da "Hermandad Gallega de Venezuela"

Conservado en formato dixital:

  • Estatutos de 1960 (31 páxinas): dixitalizado incompleto, faltan as páxinas 24-25

Conservados en formato papel:

  • Estatutos de 1980 (46 páxinas)
  • Estatutos aprobados o 27/03/2006 (48 páxinas)

Hermandad Gallega de Venezuela

Estatutos da Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Estatutos conservados en formato papel:

  • Edición bilingüe galego-castelán do proxecto de Estatutos da Federación de Asociacións Galegas na Suiza (FAGS) (03/1973), 12 páxinas
  • Borrador de Estatutos da Federación de Sociedades Galegas na Suiza (FSGS), coa proposta de modificacións da sociedade Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego (1980).
  • Estatutos da Federación de Sociedades Galegas na Suiza aprobados no III Congreso celebrado en Lausana (26/05/1985), 5 páxinas (fotocopias)

Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Estatutos da Casa de Galicia en Santurce

Documentos conservados en formato papel (fotocopias):

  • Estatutos orixinais da Casa de Galicia de Santurce (04/10/1969)
  • Estatutos reformados da Casa de Galicia en Santurce (07/05/1989)

Casa de Galicia en Santurce

Estatutos

Estatutos da "Agrupación de Valdeorras y Viana", conservados en formato dixital e impreso:

  • Estatutos aprobados o 23/01/1928 e publicados en 1929 (24 páxinas)
  • Estatutos aprobados o 23/12/1931 e publicados en 1932 (20 páxinas)

Agrupación de Valdeorras y Viana

Estatutos

Acta da reunión da Asemblea de Socios da sociedade "Unión Quiroguesa y sus distritos" do día 19/06/1938 cos Estatutos (7 páxinas)

Unión Quiroguesa y sus distritos

Resultados 521 a 540 de 803