Amosando 44 resultados

Descrición arquivística
Unidade documental composta Enquisas
Previsualización da impresión Ver:

Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Carta enviada o 09/11/1998 polo Presidente da Casa de Galicia en Santurce a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, para remitirlle cuberta a enquisa "As sociedades galegas no mundo" (8 páxinas), conservadas en formato papel.

Casa de Galicia en Santurce

Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Carta enviada por Abel Maseda, Presidente do Centro Galego Val do Rhin, a Maria Xosé Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, o día 12/11/1996, para facerlle chegar a enquisa cuberta, así como unha circular coa Xunta Directiva elixida en Asemblea Xeral o día 26/10/1996, os Estatutos de 04/1979 e 1 emblema societario, conservados en formato papel.

Centro Galego Val do Rhin

Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Carta enviada polo Secretario, Pedro Soriano, e o Presidente, Enrique Labora Lesta, do "Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo" ao Coordinador do Arquivo da Emigración Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, en contestación a un requerimento previo de información.

Xunto coa carta adxuntan a enquisa "As sociedades galegas no mundo".

Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo

Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Carta enviada por Antonio Barbosa Fernández, membro da Xunta Directiva da Casa de Galicia en Valladolid, a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, o día 30 de outubro de 1998, para remitirlle os Estatutos, a enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta, o emblema societario e un exemplar da revista Abrente, conservados en formato papel.

Casa de Galicia de Valladolid

Resultados 41 a 44 de 44