Esta revista foi editada anualmente pola Asociación Residentes de Mos de Bos Aires desde 1918. A publicación inclúe a memoria de actividades e o balance económico da sociedade, ademais de artigos de temática variada como noticias do seu concello natal; entrevistas, saúdos e visitas de autoridades galegas; descricións de actos organizados; artigos divulgativos; recompilación de artigos da prensa sobre a situación galega e as relacións de España con Arxentina; informacións de interese para emigrantes (axudas), noticias sociais, artigos culturais e colaboracións literarias.
Números conservados en papel:
1951: 33º aniversario
1952: 34º aniversario
1953: 35º aniversario
Asociación Residentes de Mos, de mutualidad, cultura y recreo
Libros de actas das reunións da Comisión Directiva da sociedade "Comisión pro-unión de la colectividad gallega" dos anos 1947-1949, conservados en formato microfilme:
1947: 22 de xaneiro; 5 e 20 de febreiro; 5 e 19 de marzo; 13 e 25 de abril; 7 de maio; 4 e 9 de xuño; 11 de xullo; 23 de setembro; 16 de decembro
1948: 5 e 16 de xaneiro; 23 de xuño; 12 de xullo; 25 de agosto; 5 de outubro; 22 de novembro; 13 de decembro
Libros de actas das reunións da Comisión Directiva da "Sociedad de ayuda mutua y recreativa del ayuntamiento de Baleira" dos anos 1931-1937, conservados en formato microfilme e dixital.
Sociedad de ayuda mutua y recreativa del ayuntamiento de Baleira
Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios da "Sociedad de ayuda mutua y recreativa del ayuntamiento de Baleira" dos anos 1931-1937, conservados en formato microfilme e dixital.
Sociedad de ayuda mutua y recreativa del ayuntamiento de Baleira
Carta enviada pola sociedade "Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata" a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega o 12/11/1998, para facerlle chegar información societaria e o seguinte material:
Documentación varia sobre a escola "Escola Bernardino Rivadavia". Escola nº 2, situada na parroquia de San Salvador de Escuadro, no lugar de A Penadauga, fundada pola "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" en 1927.
Documentación varia sobre a escola "Francisco Giner de los Ríos". Escola nº 3, situada na parroquia de San Salvador de Escuadro, no lugar de Marco, fundada pola "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" en 1921.