Showing 3 results

Archival description
España File Reunións
Print preview View:

Cartas relativas á Xunta de Organizacións Galegas en Europa

Cartas enviadas por Carlos Xohan Díaz, Secretario da sociedade Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, relativas á Xunta de Organizacións Galegas en Europa (XOGE), conservadas en formato papel:

  • Carta enviada o 10/03/1980 a Miguel Palomo, Presidente do Centro Galego de Bruxelas, acerca do programa do Día de Galicia en París en curso e acerca de documentación da XOGE.
  • Carta enviada o 27/05/1980 a 21 grupos galegos na Suiza para facerlles chegar a acta das dúas primeiras xuntanzas da XOGE e a convocatoria e orde do día da xuntanza que se celebrará en Aarau o día 8 de xuño para preparar a xuntanza dos días 21 e 22 que se celebrará en Suiza.
  • Carta enviada o 10/06/1980 ós grupos galegos na Suiza, para facerlles chegar a acta da xuntanza da XOGE celebrada o día 8 e os enderezos postais dos grupos galegos na Suiza.
  • Carta enviada o 26/08/1980 ás asociacións e grupos galegos na Suiza, para convocalos á próxima xuntanza da XOGE que se celebrará o día 14 de setembro en Zürich.

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Conclusión adoptadas nas Asambleas da Federación Mundial de Sociedades Gallegas

Folletos coas conclusións adoptadas nas seguintes Asembleas da "Federación Mundial de Sociedades Gallegas", conservados en formato papel:

  • IIIª Asemblea Plenaria (19-20/08/1978)
  • IVª Asemblea Plenaria (16-18/08/1980)
  • Vª Asemblea Plenaria (27-29/08/1982)
  • VIIª Xuntanza Plena (08/1982)
  • VIª Asemblea Plenaria (17-19/08/1984)

Federación Mundial de Sociedades Gallegas

Programas de actividades

Programas de actividades organizadas polo Centro Galego de Barcelona, conservados en formato papel:

  • Actividades para xuño-xullo de 2004 polo 80º aniversario do Centro.
  • Actividades para abril de 2007
  • Actividades para maio de 2007
  • Actividades para xuño de 2007

Centro Gallego de Barcelona