Showing 4 results

Archival description
File Galicia
Print preview View:

Carteis de "Historia de Galicia"

Carteis da montaxe audiovisual "Historia de Galicia" organizada pola Irmandade Galega na Suiza e Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, conservados en formato papel:

  • Tamaño 300 x 214 mm
  • Tamaño 423 x 300 mm

Irmandade Galega na Suiza

Publicacións que forman parte da biblioteca da sociedade

Publicacións que forman parte da biblioteca da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia".

Conservadas en formato dixital e impreso:

  • Portada de "Grafía Galega" de Fuco G. Gómez, publicado na Habana en 1927.
  • Portada de "Covadonga : Epopeya en XV gestas" de José Rubinos, publicado na Habana en 1950.
  • Portada de "Galicia" de Juan Rivero, publicado na Habana en 1905.
  • "Cantigas d'a miña terra : álbum de melodías gallegas" de Jose Barreiro (14 páxinas), publicado na Habana en 1942. O deseño da portada é de Camilo Díaz Baliño. Inclúe partituras musicais de pezas tradicionais galegas.

Conservadas en formato dixital:

  • "A Terra : revista mensual órgano del Centro Gallego", publicada en Córdoba (Arxentina) (34 páxinas)
  • Novela "Como son os do Glorioso" de Xesús Fernández e González. O deseño da portada é de Camilo Díaz Baliño. Na revista "Lar", ano 2, n. 7 (23/05/1925) (27 páxinas)
  • Número extraordinario de "Vida Gallega : órgano oficial de la Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia", ano 2, n. 12-14 (25/07/1939) (9 páxinas)
  • Obra de teatro "Santa Misión", publicada na Habana en 1896.

Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Cartas recibidas pola Xunta de Organizacións Galegas en Europa

Cartas recibidas pola Xunta de Organizacións Galegas en Europa ou por asociacións integrantes, conservadas en formato papel:

  • Carta enviada polo Presidente da Peña Galega de Munich, Modesto Hermida, comunicando que non asistirán á xuntanza dos días 1 e 2 de marzo de 1980 (24/02/1980) (fotocopias)
  • Carta enviada por Asunción Panizo, do Grupo Cultural Galego de Colonia, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (21/03/1981) (fotocopias)
  • Carta enviada pola Segredaria do Comité pra Galiza de Holanda, Tereixa González, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (22/03/1981)
  • Carta enviada pola Directiva d'O Lar Galego, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (22/03/1981)
  • Carta enviada polo Cumio da Asociación Cultural Galega O Pote, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (24/03/1981)
  • Carta enviada polo Responsable de Asuntos Internos-Esternos da Irmandade Galega O Pote de Zurich, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (24/03/1981)
  • Carta enviada dende a Irmandade Galega en Suiza, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (25/03/1981)
  • Carta enviada polo Presidente do Grupo Galego de AARAU, Manoel Baña-Pérez, comunicando que non asistirán á xuntanza do día 11 de abril de 1981 (08/04/1981)
  • Carta enviada dende a Asociación Cultural Galega de Hamburgo solicitando confirmación do cambio de lugar para a xuntaza dos días 6 e 7 de xuño de 1981 (20/04/1981)
  • Carta enviada dende a Asociación Cultural Galega de Hamburgo solicitando a acta da última xuntanza e o borrador definitivo do Regulamento (15/10/1981)

Xunta de Organizacións Galegas en Europa

Cartas enviadas aos centros galegos na Suíza

Cartas enviadas pola Sociedade "A Nosa Galiza" aos centros galegos na Suíza, conservadas en formato papel:

  • Carta enviada o 30/08/1980 para informar do Congreso da Federación Mundial de Sociedades Galegas (FMSG) celebrado os días 16-18/08/1980 en A Coruña. Por unanimidade expresan o seu rechazo ao Estatuto de Autonomía e aportan modificacións. Inclúe o texto da ponencia que a Sociedade "A Nosa Galiza" vai a dar no congreso.
  • Carta enviada o 19/10/1980 para informar da xuntanza da Comisión Preparatoria para a celebración do Congreso Constituínte da Federación de Sociedades Galegas na Suíza (FSGS), que se celebrará o 29/11/1980.

Sociedade "A Nosa Galiza"