Amosando 2 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Círculo Habanero de La Devesa Cuba Unidade documental composta Actas
Previsualización da impresión Ver:

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa", conservado en formato dixital incompleto e impreso:

  • Libro número 1 dende o 03/01/1912 ata 01/1928: dixitalizadas as actas nº 1-4 e nº 6 do libro, dende xaneiro ata xullo de 1912 (25 páxinas)

Círculo Habanero de La Devesa

Actas sobre a constitución da sociedade en España

Actas relativas á constitución da sociedade en España, conservadas en formato dixital e impreso:

  • Certificado da Acta número 1 da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" en A Devesa, Ribadeo, do día 09/10/1911, relativa á financiación da construcción do edificio social. Contén o "Legado Pedro Murias" (7 páxinas)
  • Acta da reunión celebrada na Habana entre a Xunta Directiva da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" de A Habana e a Comisión de doantes da parroquia de Devesa o día 03/01/1912 con motivo da constitución dunha sociedade homónima en España (4 páxinas)
  • Acta da reunión da Xunta Directiva da sociedade habanera o día 12/01/1912 na que se aproba a constitución dunha sociedade homónima na Devesa, Ribadeo, e a construcción dun edificio social e de recreo (5 páxinas)

Círculo Habanero de La Devesa