Amosando 4 resultados

Descrición arquivística
Unidade documental composta Congresos e asembleas
Previsualización da impresión Ver:

Cartas enviadas aos centros galegos na Suíza

Cartas enviadas pola Sociedade "A Nosa Galiza" aos centros galegos na Suíza, conservadas en formato papel:

  • Carta enviada o 30/08/1980 para informar do Congreso da Federación Mundial de Sociedades Galegas (FMSG) celebrado os días 16-18/08/1980 en A Coruña. Por unanimidade expresan o seu rechazo ao Estatuto de Autonomía e aportan modificacións. Inclúe o texto da ponencia que a Sociedade "A Nosa Galiza" vai a dar no congreso.
  • Carta enviada o 19/10/1980 para informar da xuntanza da Comisión Preparatoria para a celebración do Congreso Constituínte da Federación de Sociedades Galegas na Suíza (FSGS), que se celebrará o 29/11/1980.

Sociedade "A Nosa Galiza"

Folletos sobre I Congreso Mundial de Casas Regionales y Centros Españoles

Publicacións sobre o 1º Congreso Mundial de Casas Regionales y Centros Españoles, organizado pola "Federación española de casas regionales y provinciales" e celebrado en Salamanca os días 9 a 11 de setembro de 1988, conservados en formato papel:

  • Programa (19 páxinas)
  • Proxecto de Ponencias (78 páxinas)

Federación española de casas regionales y provinciales

Programas das Xornadas Galegas

Folletos editados pola sociedade "Lar Gallego de Sevilla" para difundir as actividades organizadas con motivo das Xornadas Galegas, conservados en formato papel:

  • 27º xornadas (1986)
  • 41º xornadas (2000)

Lar Gallego de Sevilla

Publicacións pola festividade do Apóstolo

Folletos editados con motivo da festividade do Apóstolo, conservados en formato papel:

  • Díptico "Festividades do Apóstolo Xacobeo '99", con información sobre o Camiño de Santiago e o programa de actos.
  • Díptico "Exposiçao Aquarelas : Antonio Lobo" (2001)
  • Tríptico "Festival Santiago Apóstol Caballeros de Santiago 2001", con información sobre o Camiño de Santiago e o programa de actos.
  • Políptico "Festividades Santiago Apóstolo 2007", co programa de actos.

Vídeo con motivo da festividade do Apóstolo do ano 2007, conservado en formato DVD.

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago