Estatutos e regulamento do "Centro Renovación del Distrito de Puenteareas en Buenos Aires", integrante da "Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina", aprobados o día 26/06/1938 e que entraron en vigor o 01/08/1938.
Centro renovación del partido judicial de Puenteareas
Estatutos e regulamento interno da Casa de Galicia de Río de Janeiro (23 páxinas) reformados na Asemblea Xeral Extraordinaria do día 19 de novembro de 1958, conservados en formato papel.
Folleto publicado en 2008 cos Estatutos da "Sociedad de instrucción y apoyo Sada y sus contornos" aprobados o 04/09/1914 e reformados o 17/07/1918 con motivo da conmemoración do 80 aniversario da celebración dos primeiros exames na escola de "Sada y sus contornos" que tiveron lugar o 08/07/1928.
Sociedad de instrucción y apoyo Sada y sus contornos
Estatutos da "Sociedad Parroquias Unidas de Cotovad en Buenos Aires", reformados o día 01/10/1944 en Asemblea Extraordinaria e publicados no mesmo ano:
1 documento de 18 páxinas en formato fotocopias e en microfilme
Estatutos da "Sociedad residentes del ayuntamiento de Portas y sus contornos" reformados o día 26/06/1948 e publicados en 1949, conservados en formato papel (fotocopias) e en formato dixital.
Sociedad residentes del ayuntamiento de Portas y sus contornos
Estatutos sociais da "Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Golada y contornos" aprobados pola Asemblea Xeral Ordinaria o día 17/05/1945 e publicados o mesmo ano.
Sociedad de beneficencia y recreativa hijos de Golada y afines
Estatutos sociais do Centro Arzuano Mellidense, aprobados polo Ministro de la Nación por resolución C. 5552, o 1 de de outubro de 1970. Aparece claramente reflexado que é unha asociación "con casa propia y personería jurídica" (28 páxinas) (fotocopiados)
Fax enviado por Graciela Pérez, filla do Presidente da sociedade "Centro Gallego de Santa Fé", ao coordinador do Arquivo da Emigración Galega, Marcelino Fernández Santiago, o día 28/09/1998 en contestación á súa solicitude de información.
Fax enviado pola Subcomisión de Cultura do "Centro Gallego de Azul" a José María Fernández Pazos, do "Servicio de Radio Gallega al Exterior", co obxectivo de compartir o seu programa radial "Punto de Encuentro".