Certificado de autenticación de Luis Veiga Rodríguez como Presidente do Centro Benéfico-Social "Hijos de La Estrada"para o período 1986-1988, conservado en formato papel (fotocopias).
Memoria da "Sociedad de instrucción y recreo Emigrados de Riotorto" correspondente aos anos 1915-1940, que inclúe transcrición de actas, balances económicos e fotografías e inclúe o emblema societario na portada, conservada en formato dixital e impreso (132 páxinas).
Libro de rexistro do Panteón da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós" situado no Cemitero de Colón en A Habana, conservado en formato dixital:
Libro de rexistro dende o 30/11/1927 ata o 15/10/1960 (13 páxinas)
Modelo de nombramento como membro da Xunta Directiva de "Carballino y su partido, Sociedad de Instrucción y Protección", co emblema societario, conservado en formato papel.
Regulamento do Patronato Cultural de Paradela-Barbude de A Estrada (1932), encargado da administración e conservación do edificio e do funcionamento da escola, da que foi promotora a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de La Estrada" (11 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
Poemario "Mortos porque Galicia viva" (1973) de Daniel Méndez O'Donnell (pseudónimo de Darío Xohán Cabana) que incorpora unha pegatina publicitaria do programa de radio "Galiza sempre" da asociación Galiza Hoxe, conservado en formato papel. Trátase dun folleto clandestino que contén 4 poemas: "Alfonso Daniel Rodríguez Castelao", "Roi Xordo", "Alexandre Bóveda" e "Daniel Niebla e Amador Rei".
Cartaz da conferencia-debate de Margarita Ledo Andión, Directora de A Nosa Terra, titulada "Galicia ante el Estatuto", organizada coa colaboración de Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, conservado en formato papel.
Manifesto do Comité da sociedade Galicia Hoxe manifestando o seu rexeitamento ás trabas impostas á participación dos emigrantes galegos en Suiza no referendum sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia do 21 de decembro, conservado en formato papel.