Contrato de arrendamento dun pazo entre o Concello de Salceda de Caselas e representantes da "Sociedad de Fomento y Educación Hijos de Entienza" do día 30/03/1933 para establecer escolas públicas e vivendas para mestres.
Acta de constitución da "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez" do día 28/01/1912, conservada en formato dixital.
Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez
Acta de constitución da "Sociedad de Instrucción Regeneración" do 24/11/1907 manuscrita (5 páxinas) e mecanografada (6 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Memoria dos traballos realizados pola Xunta Directiva da "Sociedad de Instrucción Pila Ancha" durante o ano social de 1917 a 1918 (20 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Libro de Actas das reunións da Xunta Directiva da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa". Conservado en formato dixital e impreso. Contén 199 actas dende o 27/01/1912 ata o 12/12/1922.
Carta enviada polo Alcalde de Viveiro, José Marqués, ao representante da sociedade, Justo Taladrid Catá, o día 30/04/1919, sobre a concesión da Cruz de 1ª clase da Orde civil de Beneficencia á sociedade, conservada en formato dixital.
Acta de constitución da sociedade "Hijos de San Miguel y Reinante" reproducida na Memoria dos traballos realizados pola Directiva da sociedade durante o ano 1927, conservada en formato dixital e impreso.