O CUGAB publica en 1996 este disco compacto co título "Porgaleuzca", resultante de PORtugal - GALiza - EUZkadi - CAtalunya, acompañado dun libro (95 páxinas) no que aparecen, ademais das partituras corais de tódalas cancións interpretadas, un estudio histórico sobre o Movemento da Canción Galega do ano 1968, as fichas técnicas das cancións e mais dos cantantes versionados así coma un inventario da súa discografía, un guieiro da rapsodia e outros datos de interese.
Enquisa "As sociedades galegas no mundo" (8 páxinas) cuberta pola "Asociación Cultural Gallega Rosalía de Castro" e enviada ao Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega o 16/10/1998, conservada en formato papel.
Enquisa "Censo Cultural" relativa a Entidades remitida ao Consello da Cultura Galega pola Irmandade A Nosa Galiza de Mollet del Vallés, conservada en formato papel.
Convite ao concurso musical "Mollet a capella" do día 01/04/1995, remitido pola Irmandade A Nosa Galiza de Mollet del Vallés, conservado en formato papel.
Carta de Benito Mauriño, Presidente, a Eduardo Blanco Amor, do 06/05/1933, para informalo da revista que a sociedade vai a comezar a editar con motivo do seu 25º aniversario e solicitarlle a súa colaboración.
Folleto co programa de actividades organizadas pola Agrupación Cultural Galega Agarimos de Badalona con motivo da III festa galega, celebrada os días 22 a 24 de setembro de 2000, coincidindo co aniversario societario, conservado en formato papel.
Convite á inauguración da exposición de pintura de Mª Paz Illana o día 17/11/1990, organizada pola sociedade "O Penedo Fogar Galego", conservado en formato papel.
Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" remitida ao Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega pola "Agrupación Cultural Gallega Alborada", conservada en formato papel.
Tríptico co programa de actividades do VI concurso de música e baile tradicional galego organizado pola Federación de entidades culturais galegas de Catalunya para o día 05/03/2006, conservado en formato papel.
Federación de entidades culturales gallegas en Catalunya
Documento mecanoscrito no que se recolectan as noticias aparecidas en prensa sobre a Escola de gaitas e danzas galegas Toxos e Xestas, dende 1974 ata 1985, conservado en formato papel.