Programa do concerto de clausura do curso 2001-2002 da "Universitat de Barcelona" (UB) levado a cabo polo Coro Universitario Galego de Barcelona (CUGAB) : "Homenaxe á música dos pobos peninsulares e latinoamericanos no ano das letras galegas adicadas a frei Martín Sarmiento", conservado en formato papel.
Estatutos da "Asociación española de beneficencia de Costa Rica" actualizados na Asemblea Xeral Extraordinaria do día 28/03/1995, conservados en formato papel.
Tríptico editado pola "Asociación española de beneficencia de Costa Rica" en 1995 para dar a coñecer a entidade e a súa sede, a Casa de España en Costa Rica, conservado en formato papel.
Estatutos da "Sociedad española de beneficencia de Panamá" revisados e ordenados en Asemblea Xeral Extraordinaria o día 07/02/1991, conservados en formato papel.
Folleto co programa de actividades organizadas pola Agrupación Cultural Galega Agarimos de Badalona con motivo do Día das Letras Galegas de 2007, celebrada os días 28 e 29 de abril, coincidindo co aniversario societario, conservado en formato papel.
Folleto "Ofrendas ao Apóstolo Santiago : homenaxe de O Penedo Fogar Galego", publicado con motivo do Encontro Mundial da Xuventude que se ía a celebrar en Santiago no mes de agosto de 1989 e que ía contar coa presenza destacada do Papa Xoan Pablo II, conservado en formato papel.
Carta enviada polo Presidente do Centro Galego Nós, Rogelio Martínez Lodos, a Anxos Sumai, da Área de Documentación do Consello da Cultura Galega, o día 09 de febreiro de 2004, para facerlles envío de documentos editados pola sociedade, conservada en formato papel.
Tarxeta postal de felicitación de nadal enviada pola Escola de gaitas e danzas galegas Toxos e Xestas en 2006, co emblema societario, conservada en formato papel.
Enquisa "Censo Cultural" relativa a "Entidades" enviada pola Casa Cultural de Galicia en Elgoibar ao Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.
Carta enviada o 11/05/1998 polo Presidente da Casa Cultural de Galicia en Eibar, A. Los Santos, ao Presidente do Consello da Cultura Galega, Carlos Casares Mouriño, para convidalo a asistir aos actos organizados con motivo do Día das Letras Galegas de 1998, conservada en formato papel.
Folleto publicado en 2008 cos Estatutos da "Sociedad de instrucción y apoyo Sada y sus contornos" aprobados o 04/09/1914 e reformados o 17/07/1918 con motivo da conmemoración do 80 aniversario da celebración dos primeiros exames na escola de "Sada y sus contornos" que tiveron lugar o 08/07/1928.
Sociedad de instrucción y apoyo Sada y sus contornos
Carta enviada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" ao Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, para informalo da composición da Comisión Directiva da institución no período 2009-2010, asinada polo Secretario, José Otero Méndez, e a Presidenta, Josefa Pérez Santiago.