Libro de rexistro do Panteón da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós" situado no Cemitero de Colón en A Habana, conservado en formato dixital:
Libro de rexistro dende o 30/11/1927 ata o 15/10/1960 (13 páxinas)
Traballo titulado "História da Sociedade Espanhola de Socorros Mútuos de Porto Alegre" realizado por Iolanda Guimarâes Vargas en 1979 para obter o grao de maestría no Instituto de Filosofía e Ciências Humanas da Pontificia Universidade Católica do Rio Grande do Sul, conservado en formato papel.
Sociedade espanhola de socorros mútuos de Porto Alegre
O CUGAB publica en 1996 este disco compacto co título "Porgaleuzca", resultante de PORtugal - GALiza - EUZkadi - CAtalunya, acompañado dun libro (95 páxinas) no que aparecen, ademais das partituras corais de tódalas cancións interpretadas, un estudio histórico sobre o Movemento da Canción Galega do ano 1968, as fichas técnicas das cancións e mais dos cantantes versionados así coma un inventario da súa discografía, un guieiro da rapsodia e outros datos de interese.
Libro de actas das reunións da Comisión Directiva da "Sociedad parroquias unidas del Corgo" dos anos 1933-1946 (182 páxinas), conservado en formato microfilme e dixital.