Folleto co programa de actividades con motivo do "I Concurso de folklóre galego" organizado pola sociedade "Promoción de la Cultura Gallega", conservado en formato papel.
Convite ao nomeamento como Presidenta de Honra da sociedade "O Penedo Fogar Galego" á Condesa de Fenosa, Carmela Arias Díaz de Rábago, o día 01/12/1990, conservado en formato papel.
Folleto publicado polo Centro Gallego de Buenos Aires co "Mensaje de los emigrantes en América sobre el desarrollo económico de Galicia" de maio de 1965
Folleto editado polo "Centro Ourensan de Montevideo" sobre o primer Museo Sudamericano de Historia da actividade agrícola en Galicia, con pezas do periodo 1800-1950 cedidas por José María García.
Documento mecanografado con motivo da "IV Confraternización de Xeracións Galego-Bahianas", coas cantigas compiladas polo centro a partir da contribución dos homenaxeados, conservado en formato papel.
Memoria da "Sociedad de instrucción y recreo Emigrados de Riotorto" correspondente aos anos 1915-1940, que inclúe transcrición de actas, balances económicos e fotografías e inclúe o emblema societario na portada, conservada en formato dixital e impreso (132 páxinas).
Folleto que recolle o "Discurso pronunciado por Mario García Kohly, ministro de Cuba, en Madrid en el banquete que le fue ofrecido en el Teatro Nacional de la Habana por las Sociedades Regionales Españolas de Cuba : 23 de Mayo de 1921", conservado en formato dixital.
Informe sobre a situación escolar dos españois residentes en Lausana elaborado pola "Asociación de Trabajadores Españoles Emigrantes en Suiza" en 1983, conservado en formato papel.
Asociación de Trabajadores Españoles Emigrantes en Suiza