Estatutos da Casa de Galicia en León, redactados de conformidade co acordado na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 07 de outubro de 1988, conservados en formato papel (fotocopias).
Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" remitida ao Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega en marzo de 1997 polo "Centro Gallego de Mallorca", conservada en formato papel.
Díptico sobre a actuación da compañía de teatro Anduriña "Petición de man" organizada pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro e celebrada o 14/06/1997, conservado en formato papel.
Manifesto do "Fato pra unha Galiza ceibe e socialista" no que explican os motivos da súa constitución e os seus obxectivos e convidan a participar no mitin que se celebrará na Patinoire de Xenebra o día 30/04, conservado en formato papel.
Calendario galego do ano 1981 editado pola asociación Galiza Hoxe, con ilustracións de Castelao e referencia a acontecementos políticos relativos a persoeiros galegos, conservado en formato papel.
Circular enviada polo Vicepresidente da Federación de Sociedades Galegas na Suiza, José Pereira, aos centros que a conforman para informalos do acordo adoptado na Asemblea de Delegados celebrada en Xenebra o día 14 de marzo de 1981. Nesa Asemblea acordouse celebrar en Lausanne o Día de Galicia na Suiza nos días 4 e 5 de xullo. Para a súa celebración insta a creación dunha comisión en cada centro participante e á súa comunicación inmediata co obxectivo de convocar unha xuntanza a nivel nacional.
Libro de rexistro de propiedades e valores da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia" de pisos, locais, terreos, … que actualmente están expropiados polo goberno cubano. Libro de 16 páxinas (04-05/1932) conservado en formato dixital.
"Memoria del curso escolar 1954-1955 del Plantel Concepción Arenal : La Habana, 1955" publicada na Habana en 1955 pola Sección de Cultura e de Bellas Artes do "Centro Gallego de La Habana", conservada en formato papel.
Centro Gallego de La Habana. Sociedad de instrucción, recreo y asistencia sanitaria
Carta enviada polo mestre de escola de Ponte de Mera, César Rodríguez Fernández, a José Vilela Covelo, da "Sociedad de Instrucción Puente de Mera" o día 21/09/1951, conservada en formato dixital.
Regulamento da "Sociedad de Beneficencia y Protección mutua Ferrol y su comarca", conservado en folleto e na edición facsímil: "Regulamentos e Estatutos das Sociedades Galegas de Cuba" editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia:
Regulamento reformado o 26/10/1950 (22 páxinas): copia dixital e impresa
Ferrol y su comarca, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua