Enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta pola sociedade "Agrupación artística gallega" a petición do Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega (2004) e emblema societario en color e en branco e negro, conservados en formato papel.
Volume que recolle a propaganda electoral e os membros dos diferentes consellos directivos da "Hermandad Gallega de Venezuela", conservado en formato dixital.
Tarxeta postal enviada por Xuntanza Fillos de Ourense e Fundaourense como felicitación navideña, cos emblemas societarios, conservada en formato papel.
Libros de actas. Reunións das Comisións Directivas da Sociedade de socorros mutuos Hijos del Partido de Villalba dos anos 1934 a 1937, conservados en formato microfilme e dixital.
Sociedad de Socorros Mutuos Hijos del Partido de Villalba
Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada o día 05/05/1933 por veciños de Caxide ao Presidente da sociedade, Avelino Rodríguez, solicitando axuda para a construcción dunha fonte e lavadoiro.
Certificado do día 20/05/1934 conforme Manuel Hermo Carballo recibiu un cheque da sociedade para construir a fonte e lavadoiro.