Regulamento da "Sociedad de Instrucción, Recreo, Protección y Seguros mutuos Calo y Viduido" (10 páxinas) aprobado o 17/04/1926, conservado en formato dixital e impreso.
Calo y Viduido. Sociedad de instrucción, recreo y socorros mutuos
Manifesto sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia elaborado por "Lar Gallego" e a "Asociación Cultural Gallega O Pote", de Holanda (05/11/1980), conservado en formato papel.
Enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta polo Centro Galego de Zug “A Nosa Terra” a iniciativa do Consello da Cultura Galega (16/12/1998), conservada en formato papel.
Programa das actividades organizadas pola Sociedade Galega Sementeira de Basilea con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, conservado en formato papel.
Folleto co programa de actividades con motivo do "I Concurso de folklóre galego" organizado pola sociedade "Promoción de la Cultura Gallega", conservado en formato papel.
Cartaz da montaxe audiovisual "Historia de Galicia" organizada pola Irmandade Galega O Pote Zurich e Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, conservado en formato papel.
Folleto editado pola "Casa de Espanha" para dar conta das actividades desenvolvidas en novembro do ano 1993 e incorporar o programa de actos sociais, culturais e deportivos de decembro, conservado en formato papel.