Carta do Presidente, Julio Lalín, e o Secretario, Antonio Castro, da "Asociación Unión del Partido de Lalín en Buenos Aires", dirixida ao Presidente da Asociación "Hijos del Partido de Lalín" o día 08/01/1973 con respecto á fusión de ambas entidades.
Carta enviada pola sociedade "Unión del partido de Lalín en Buenos Aires, auxiliar y de fomento de sociedades agrarias y culturales en el partido" a Manuel Sánchez Gresande, en contestación a unha petición previa.
Convite da Sociedade "Unión del Partido de Lalín" a participar nunha velada artística danzante o día 02/08/1947 no Salón Región Leonesa, que inclúe o programa de actividades.
Recorte de prensa de "El Debate", de xullo de 1936, onde aparece unha fotografía do centro escolar inaugurado e costeado por esta sociedade na súa parroquia natal.
Separata: Escuela de Instrucción Primaria y de Comercio : un proxecto innovador da Sociedade Pro Escuelas en Bandeira / Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez en "Estudios Migratorios", número 4 (dec. 1997), pp. 117-143
Estatutos da "Sociedad residentes del ayuntamiento de Portas y sus contornos" reformados o día 26/06/1948 e publicados en 1949, conservados en formato papel (fotocopias) e en formato dixital.
Sociedad residentes del ayuntamiento de Portas y sus contornos
Contrato de arrendamento dun pazo entre o Concello de Salceda de Caselas e representantes da "Sociedad de Fomento y Educación Hijos de Entienza" do día 30/03/1933 para establecer escolas públicas e vivendas para mestres.
"Estatutos Civiles del Centro Gallego de Avellaneda", do 27/12/1939, publicados en 1940 e conservados en formato papel (fotocopias), microfilme e dixital.