Acta de constitución da entidade "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós" do día 01/04/1913 (2 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Acta de constitución da sociedade "Hijos de San Miguel y Reinante" reproducida na Memoria dos traballos realizados pola Directiva da sociedade durante o ano 1927, conservada en formato dixital e impreso.
Carta enviada polo Alcalde de Viveiro, José Marqués, ao representante da sociedade, Justo Taladrid Catá, o día 30/04/1919, sobre a concesión da Cruz de 1ª clase da Orde civil de Beneficencia á sociedade, conservada en formato dixital.
Circular enviada pola sociedade "Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua" aos seus socios coas actividades anuais da sociedade (2003), conservada en formato papel (fotocopias).
Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua
Contrato de arrendamento entre o "Centro Gallego" e as sociedades de instrucción, asinado o día 01/04/1936 entre o Presidente do Centro Gallego e o da sociedade "San Simón y Samarugo" (2 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
Estatutos da "Sociedad de Instrucción, Protección y Recreo Hijos de San Miguel y Reinante" aprobados o 15/05/1951 (27 páxinas), conservados en formato dixital e impresos de maneira incompleta.