Amosando 43 resultados

Descrición arquivística
Cuba Unidade documental simple Con obxectos dixitais
Previsualización da impresión Ver:

Memoria bienio 1954-1956

Memoria da sociedade "Progreso de Lousada", mecanoscrita polo director, Lázaro Seco y Alonso, correspondente ao bienio 1954-1956 (4 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.

Progreso de Lousada

Memoria anual presentada na Asemblea de socios do 29 de xaneiro de 1928 correspondente a 1927

Documentación presentada a consideración da Xunta da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa", conservada en formato dixital e impreso: Memoria anual presentada na Asemblea de socios do 29 de xaneiro de 1928 correspondente a 1927.

Círculo Habanero de La Devesa

Libro do Panteón Social

Libro do Panteón Social dende o 19/10/1931 ata o 14/12/1998 (64 páxinas), que contén o título de propiedade, conservado en formato dixital.

Unión Barcalesa

Legado Pedro Murias

Relación nominal dos delegados residentes en Galicia da Comisión nomeada polo Centro Gallego da Habana para a xestión do legado do indiano Pedro Murias. Conservado en papel e dixital.

Círculo Habanero de La Devesa

Correspondencia enviada

Certificado do Secretario da "Sociedad Cultural y Benéfica Unión Barcalesa" ao respecto da cancelación da hipoteca dunha casa no barrio de Vedado (05/12/1949), conservado en formato dixital.

Unión Barcalesa

Actas Junta Directiva

Libro de actas de reunión da Xunta Directiva. Contén 136 actas dende o 30/04/1979 ata o 14/06/1997 conservadas en papel (fotocopias) e dixital.

Unión Barcalesa

Actas de Junta General

Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 118 actas dende o 17/01/1964 ata o 28/02/2004.

Unión Barcalesa

Acta número 1 da sociedade “Círculo Habanero de La Devesa" en A Devesa (Ribadeo)

Transcrición da acta número 1 da sociedade “Círculo Habanero de La Devesa" en A Devesa (Ribadeo) do día 9 de outubro de 1911. Trata da financiación para construír un edificio cívico.
Contén o "Legado Pedro Murias".

Círculo Habanero de La Devesa

Resultados 21 a 40 de 43