Showing 526 results

Archival description
Galicia Item
Print preview View:

55 results with digital objects Show results with digital objects

Cartaz da conferencia de Margarita Ledo

Cartaz da conferencia-debate de Margarita Ledo Andión, Directora de A Nosa Terra, titulada "Galicia ante el Estatuto", organizada coa colaboración de Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, conservado en formato papel.

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Carta aberta ó pobo galego

Manifesto do Comité da sociedade Galicia Hoxe manifestando o seu rexeitamento ás trabas impostas á participación dos emigrantes galegos en Suiza no referendum sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia do 21 de decembro, conservado en formato papel.

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Pin

Pin conmemorativo do XXXV aniversario da entidade coa representación do mapa de Galicia, a bandeira e un hórreo.

Centro Gallego de Berna

Enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Enquisa "As sociedades galegas no mundo" (23/03/2000) cuberta pola sociedade "Partido Judicial de Arzúa" a iniciativa do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.

Hijos del Partido Judicial de Arzúa

Discurso pronunciado por Mario García Kohly

Folleto que recolle o "Discurso pronunciado por Mario García Kohly, ministro de Cuba, en Madrid en el banquete que le fue ofrecido en el Teatro Nacional de la Habana por las Sociedades Regionales Españolas de Cuba : 23 de Mayo de 1921", conservado en formato dixital.

Sociedad de Instrucción Puente de Mera

Carta enviada a Galicia Hoxe de Xenebra

Carta enviada polo Vocal de Cultura do Grupo Galego de Aarau, Pere Barrufet-Couñago, á asociación Galicia Hoxe de Xenebra o día 24/03/1981, en resposta á súa circular do día 20, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración, conservada en formato papel.

Grupo Galego de Aarau

Modelo de carné

Modelo de carné do Grupo de gaitas e danzas "Retrincos" da sociedade Promoción da Cultura Galega de Zürich, co emblema societario, conservado en formato papel.

Promoción da Cultura Galega

Convite a mesa redonda

Convite a mesa redonda para discutir ás eleccións ó Parlamento Galego nos locais da Sociedade "A Nosa Galiza", conservado en formato papel.

Sociedade "A Nosa Galiza"

Results 201 to 220 of 526