Showing 536 results

Archival description
Europa Item
Print preview View:

54 results with digital objects Show results with digital objects

Libros de rexistro de socios

Libros de rexistro de socios da "Sociedad Hijos del Partido de Lalín", conservados en formato dixital:

  • Libro de rexistro dende 04/1910 ata 06/1965 (221 páxinas), tamén impreso
  • Libro de rexistro dende 1934 ata 1947 (21 páxinas): dixitalizado incompleto
  • Libro de rexistro dende 09/1972 ata 10/1976 (42 páxinas)
  • Libro de rexistro dende o 27/12/1976 ata 01/1987 (62 páxinas)

Hijos del Partido de Lalín

Regulamento

Regulamento da sociedade "Hijos del Valle del Ulla y su Comarca", conservado en formato papel e dixital:

  • Regulamento da sociedade aprobado o 10/02/1928 (23 páxinas)

Hijos del Valle del Ulla y su Comarca

Regulamento do Patronato Cultural de Paradela-Barbude

Regulamento do Patronato Cultural de Paradela-Barbude de A Estrada (1932), encargado da administración e conservación do edificio e do funcionamento da escola, da que foi promotora a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de La Estrada" (11 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.

Hijos del Ayuntamiento de La Estrada

Libros de rexistro de socios

Libros de rexistro de socios da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada", conservados en formato dixital:

  • Libro de rexistro dende o 10/09/1922 ata o 01/01/1930 (101 páxinas)
  • Libro de rexistro dende 09/1922 ata 04/1952, ordeado por sexos (206 páxinas): dixitalizado incompleto

Hijos del Ayuntamiento de Golada

Libros de contabilidade

Libro de contabilidade da sociedade "Instrucción y Recreo de Hijos del Ayuntamiento de Golada", conservado en formato dixital:

  • Libro de tesourería dende 1951 ata 12/1956 (32 follas)

Hijos del Ayuntamiento de Golada

"Mortos porque Galicia viva" de Daniel Méndez

Poemario "Mortos porque Galicia viva" (1973) de Daniel Méndez O'Donnell (pseudónimo de Darío Xohán Cabana) que incorpora unha pegatina publicitaria do programa de radio "Galiza sempre" da asociación Galiza Hoxe, conservado en formato papel.
Trátase dun folleto clandestino que contén 4 poemas: "Alfonso Daniel Rodríguez Castelao", "Roi Xordo", "Alexandre Bóveda" e "Daniel Niebla e Amador Rei".

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Cartaz da conferencia de Margarita Ledo

Cartaz da conferencia-debate de Margarita Ledo Andión, Directora de A Nosa Terra, titulada "Galicia ante el Estatuto", organizada coa colaboración de Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, conservado en formato papel.

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Carta aberta ó pobo galego

Manifesto do Comité da sociedade Galicia Hoxe manifestando o seu rexeitamento ás trabas impostas á participación dos emigrantes galegos en Suiza no referendum sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia do 21 de decembro, conservado en formato papel.

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Pin

Pin conmemorativo do XXXV aniversario da entidade coa representación do mapa de Galicia, a bandeira e un hórreo.

Centro Gallego de Berna

Enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Enquisa "As sociedades galegas no mundo" (23/03/2000) cuberta pola sociedade "Partido Judicial de Arzúa" a iniciativa do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.

Hijos del Partido Judicial de Arzúa

Discurso pronunciado por Mario García Kohly

Folleto que recolle o "Discurso pronunciado por Mario García Kohly, ministro de Cuba, en Madrid en el banquete que le fue ofrecido en el Teatro Nacional de la Habana por las Sociedades Regionales Españolas de Cuba : 23 de Mayo de 1921", conservado en formato dixital.

Sociedad de Instrucción Puente de Mera

Carta enviada a Galicia Hoxe de Xenebra

Carta enviada polo Vocal de Cultura do Grupo Galego de Aarau, Pere Barrufet-Couñago, á asociación Galicia Hoxe de Xenebra o día 24/03/1981, en resposta á súa circular do día 20, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración, conservada en formato papel.

Grupo Galego de Aarau

Results 201 to 220 of 536