Documento mecanografado con motivo da "IV Confraternización de Xeracións Galego-Bahianas", coas cantigas compiladas polo centro a partir da contribución dos homenaxeados, conservado en formato papel.
Carta enviada o 23/07/2002 por José Francisco Borges López, Presidente de "Puentedeume y su Partido. Sociedad Española de beneficencia y recreo" a Pilar Cagiao Vila, Directora do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.
Puentedeume y su Partido Judicial. Sociedad Española de Beneficencia y Recreo
Libro de caixa de "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira" dos anos 1948-1956, do que se dixitalizaron algúns exemplos (3 páxinas), conservados en formato dixital.
Orzamento-memoria descritiva das obras a realizar nas casas-escolas de Cerdido, Barqueira e Casares (3 páxinas), presentada polos constructores "López y Martínez" o 07/06/1931, conservada en formato dixital e impreso.
Acta-certificado da reunión realizada o 10/08/1956 entre representantes do Concello de Cerdido e membros da Xunta Directiva da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cerdido" sobre a cesión de edificios para escolas (2 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 83 actas dende o 22/01/1912 ata o 22/08/1929
Regulamento da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lousada", aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 17/03/1918 (16 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.