Carta enviada polo Vocal de Cultura do Grupo Galego de Aarau, Pere Barrufet-Couñago, á asociación Galicia Hoxe de Xenebra o día 24/03/1981, en resposta á súa circular do día 20, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración, conservada en formato papel.
Memorias da sociedade "Naturales de Ortigueira" dende o 24/06/1928 ata o 24/06/1964, encadernadas en formato libro (483 páxinas), con algúns erros de imprenta, conservadas en formato dixital e impreso.
Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua Naturales de Ortigueira
Carta enviada polo Presidente, Ramón Pérez, e o Secretario, José Porto, do "Centro Benéfico-Social Hijos de La Estrada" a María Xosé Rodríguez Galdo, do Consello da Cultura Galega, para facerlle chegar información sobre a historia da sociedade, conservada en formato papel.
Cartaz das actividades organizadas polo Centro Benéfico Social "Hijos de La Estrada" con motivo das Festas do seu Patrono, San Paio, do 28/06 ao 03/07 de 1994 (476 x 310 mm), conservado en formato papel.
Certificado de autenticación de Luis Veiga Rodríguez como Presidente do Centro Benéfico-Social "Hijos de La Estrada"para o período 1986-1988, conservado en formato papel (fotocopias).
Enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta pola "Hermandad Gallega de Valencia" a solicitude do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.
Folleto que incorpora o Manifesto da "Junta Democrática de España" e invita a tomar parte nunha xornada para a fundación da "Junta Democrática Gallega", conservado en formato papel.
Libro de rexistro do Panteón da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós" situado no Cemitero de Colón en A Habana, conservado en formato dixital:
Libro de rexistro dende o 30/11/1927 ata o 15/10/1960 (13 páxinas)
Regulamento do Patronato Cultural de Paradela-Barbude de A Estrada (1932), encargado da administración e conservación do edificio e do funcionamento da escola, da que foi promotora a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de La Estrada" (11 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.