Eduardo García Chorén, do Subcomité de Cultura e Prensa, e José Martínez-Romero, Presidente, da Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina envían unha carta o 19 de novembro de 1996 ao Consello da Cultura Galega, facéndolle chegar un exemplar do boletín Irmáns.
Unión de asociaciones gallegas de la República Argentina
A Irmandade Galega de Bos Aires, nesta folla informativa, reflicte a súa opinión sobre o "II Congreso de la Emigración Española a Ultramar" que estaba próximo a celebrarse na Coruña, entre o 3 e o 12 de outubro de 1959
Partitura musical "Ondiñas da nosa ría : rianxeira" (letra de Jesús Frieiro ; música de Ángel Romero), conservada en formato papel (fotocopias) e en formato dixital.
Estatutos da "Sociedad Parroquias Unidas de Cotovad en Buenos Aires", reformados o día 01/10/1944 en Asemblea Extraordinaria e publicados no mesmo ano:
1 documento de 18 páxinas en formato fotocopias e en microfilme
Carta de Ramón Vila, Secretario da "Asociación Unión Residentes del Ayuntamiento de Carbia en Buenos Aires" do día 15/07/1977 felicitando a esta sociedade polo seu 47º aniversario social e contestando á súa invitación previa a un almorzo.
Sociedad de beneficencia y recreativa hijos de Golada y afines
Carta da Comisión organizadora da homenaxe a Castelao dirixida ao Presidente da sociedade"Unión del Partido de Lalín" o día 01/06/1944 instándoo a participar.
Folleto "Centro Lucense de Buenos Aires" editado pola Comisión de Cultura do Centro Lucense. Inclúe adicatoria do Presidente da Comisión de Cultura, Darío Lamazares, ao Secretario Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, Fernando Amarelo de Castro de 25/07/1996.
Estatutos da sociedade "Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, mutual, cultural y recreativa" e resolución de aprobación de reforma dalgúns artigos
Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, mutual, cultural y recreativa