Copia do documento de cesión das escolas do Círculo Habanero ao Concello de Ribadeo (A Devesa, 12 de novembro de 1928), conservada en formato dixital e impreso.
Fotocopias da comunicación presentada ás Xornadas Patrióticas Galegas, editadas pola Comisión Intersocietaria de Sociedades Galegas de Buenos Aires en 1952.
Comisión Intersocietaria pro-conmemoración das datas patrióticas galegas
Acta de constitución da "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez" do día 28/01/1912, conservada en formato dixital.
Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez
Acta de constitución da "Sociedad de Instrucción Regeneración" do 24/11/1907 manuscrita (5 páxinas) e mecanografada (6 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Memoria dos traballos realizados pola Xunta Directiva da "Sociedad de Instrucción Pila Ancha" durante o ano social de 1917 a 1918 (20 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Libro de Actas das reunións da Xunta Directiva da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa". Conservado en formato dixital e impreso. Contén 199 actas dende o 27/01/1912 ata o 12/12/1922.
Carta enviada polo Alcalde de Viveiro, José Marqués, ao representante da sociedade, Justo Taladrid Catá, o día 30/04/1919, sobre a concesión da Cruz de 1ª clase da Orde civil de Beneficencia á sociedade, conservada en formato dixital.
Acta de constitución da sociedade "Hijos de San Miguel y Reinante" reproducida na Memoria dos traballos realizados pola Directiva da sociedade durante o ano 1927, conservada en formato dixital e impreso.