Traballo realizado pola profesora Wilma Ferreira Kreling para obter o grao de maestría no Instituto de Filosofía e Ciências Humanas da Pontificia Universidade Católica do Rio Grande do Sul e dirixido polo profesor Olírio Plínio Colombo.
Libros de actas. Reunións das Comisións Directivas da Sociedade de socorros mutuos Hijos del Partido de Villalba dos anos 1934 a 1937, conservados en formato microfilme e dixital.
Sociedad de Socorros Mutuos Hijos del Partido de Villalba
Guía publicada por GRUGALMA Ediciones: "Guía cultural del Camino madrileño-castellano de Santiago : la ruta matritense-centrocastellano-norzamorana, o de la España Central, a Compostela", conservada en formato papel.
Guía cultural editada pola Área de Cultura do Concello de Córdoba no que participa a "Casa de Galicia en Córdoba", entre outras institucións, conservada en formato papel.
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 31 actas dende o 03/11/1907 ata o 15/01/1912.
Galería de fotos dos diferentes presidentes do "Centro recreativo Uniâo do Río Tea", con indicación dos seus nomes e períodos de goberno, conservada en formato dixital.
Fotografía tomada dunha postal que reproduce a fachada da Escola de Piñeiro da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira", inaugurada o 19/03/1928, conservada en formato dixital.
Folleto editado polo "Centro Ourensan de Montevideo" sobre o primer Museo Sudamericano de Historia da actividade agrícola en Galicia, con pezas do periodo 1800-1950 cedidas por José María García.