Memoria da "Sociedad de instrucción y recreo Emigrados de Riotorto" correspondente aos anos 1915-1940, que inclúe transcrición de actas, balances económicos e fotografías e inclúe o emblema societario na portada, conservada en formato dixital e impreso (132 páxinas).
Libro de rexistro do Panteón da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós" situado no Cemitero de Colón en A Habana, conservado en formato dixital:
Libro de rexistro dende o 30/11/1927 ata o 15/10/1960 (13 páxinas)
Regulamento da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lousada", aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 17/03/1918 (16 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
Acta de constitución da sociedade "Hijos de San Miguel y Reinante" reproducida na Memoria dos traballos realizados pola Directiva da sociedade durante o ano 1927, conservada en formato dixital e impreso.
Regulamento xeral da "Sociedad de Beneficencia, Recreo y Socorros Mutuos Unión Villalbesa y su Comarca" aprobado o 15/09/1936 (29 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.