Memoria de "Hijos del Ayuntamiento de Abadín. Sociedad de Instrucción y Beneficencia", correspondente aos anos 1922-1925, e publicada en 1926 (49 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Memorias da sociedade "Naturales de Ortigueira" dende o 24/06/1928 ata o 24/06/1964, encadernadas en formato libro (483 páxinas), con algúns erros de imprenta, conservadas en formato dixital e impreso.
Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua Naturales de Ortigueira
Folleto "Mensaxe á Nación Galega : Deica un Congreso Mundial da Galeguidade" asinado polo Consello executivo do "Padroado da cultura galega en México", conservado en formato papel.
Modelo de carné do Grupo de gaitas e danzas "Retrincos" da sociedade Promoción da Cultura Galega de Zürich, co emblema societario, conservado en formato papel.
Modelo de nombramento como membro da Xunta Directiva de "Carballino y su partido, Sociedad de Instrucción y Protección", co emblema societario, conservado en formato papel.
Recibo do pago da cota para os socios do Círculo Habanero de la Devesa en Galicia a nome de Carmen García de Maseda, datado o 1 de decembro de 1931. Conservado en formato papel e dixital.
Poemario "Mortos porque Galicia viva" (1973) de Daniel Méndez O'Donnell (pseudónimo de Darío Xohán Cabana) que incorpora unha pegatina publicitaria do programa de radio "Galiza sempre" da asociación Galiza Hoxe, conservado en formato papel. Trátase dun folleto clandestino que contén 4 poemas: "Alfonso Daniel Rodríguez Castelao", "Roi Xordo", "Alexandre Bóveda" e "Daniel Niebla e Amador Rei".
Orzamento-memoria descritiva das obras a realizar nas casas-escolas de Cerdido, Barqueira e Casares (3 páxinas), presentada polos constructores "López y Martínez" o 07/06/1931, conservada en formato dixital e impreso.