Libro de rexistro de socias da "Real sociedade espanhola de beneficência", dende o 1 de xuño de 1963 ata o 3 de abril de 2006 (82 páxinas), conservado en formato dixital.
Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia
Acta da reunión dos doantes da subscrición de 1899 realizada polos emigrantes naturais da Devesa na illa de Cuba, realizada o día 12 de xaneiro de 1912 na que se aproba a cesión do fondo a entidade da Habana do fondo da subscrición. A asociación homónima creada na Devesa xestionará, segundo as indicacións da entidade habaneira, a construción dun edificio social e de recreo para os e as veciñas da parroquia. Constan as sinaturas de gran parte dos contribuíntes dese legado económico.
Acta da reunión celebrada na Habana entre representantes do «Círculo Habanero de los Naturales de La Devesa» e unha Comisión integrada por representantes dos doantes, retornados xa na parroquia de Devesa (Ribadeo) para recoñecer a existencia da sociedade de instrución e recreo acabada de fundar na capital cubana e tamén acórdase que esta se ocuparía da xestión dos cartos recadados para comezar os trámites da construción dun edificio na parroquia natal. Documento datado o día 3 de xaneiro de 1912.
Documentación presentada a consideración da Xunta da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa", conservada en formato dixital e impreso: Memoria anual na Asemblea de socios do 22 de xaneiro de 1929 correspondente a 1928.
Relación nominal dos delegados residentes en Galicia da Comisión nomeada polo Centro Gallego da Habana para a xestión do legado do indiano Pedro Murias. Conservado en papel e dixital.
A Irmandade Galega de Bos Aires, nesta folla informativa, reflicte a súa opinión sobre o "II Congreso de la Emigración Española a Ultramar" que estaba próximo a celebrarse na Coruña, entre o 3 e o 12 de outubro de 1959
Libro de Actas das reunións da Xunta Directiva da entidade:
1917: 13 e 27 de xaneiro; 10 e 24 de febreiro; 10 de marzo; 8, 14 e 28 de abril; 12 e 26 de maio; 9, 10 e 30 de xuño; 14, 21 e 29 de xullo; 12 e 26 de agosto; 9 de setembro; 6 e 28 (2) de outubro; 11 e 25 de novembro; 8, 15 e 30 de decembro
1918: 12 e 26 de xaneiro; 2 e 23 de febreiro; 9, 16, 23 e 30 de marzo; 13 e 27 de abril; 5, 17, 19 e 25 de maio; 8, 16, 23 e 29 de xuño; 14, 27 e 28 de xullo; 3, 10, 24 e 31 de agosto; 14, 21 e 28 de setembro; 5 e 27 de outubro; 3, 9, 17, e 24 de novembro; 8, 15 e 29 de decembro
1919: 4, 12 e 26 de xaneiro; 9 e 23 de febreiro; 9 e 30 de marzo; 13, 20 e 27 de abril; 11 e 25 de maio; 1, 8 e 21 de xuño; 12 e 26 de xullo; 9 e 30 de agosto; 13 e 20 de setembro; 8, 19, 26 e 28 de outubro; 22 de novembro; 13 e 27 de decembro
Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda
Estatutos sociais da entidade aprobados en febreiro de 1951 e publicados en 1952 (15 páxinas) conservados en formato papel (fotocopias) e en formato dixital.
Folleto "Mensaxe á Nación Galega : Deica un Congreso Mundial da Galeguidade" asinado polo Consello executivo do "Padroado da cultura galega en México", conservado en formato papel.
Libro escrito por Miguel Gayoso Barreiro e publicado en 2008 con motivo da conmemoración do 80 aniversario da celebración dos primeiros exames na escola de "Sada y sus contornos" que tiveron lugar o 08/07/1928.
Sociedad de instrucción y apoyo Sada y sus contornos