Tríptico editado pola "Asociación española de beneficencia de Costa Rica" en 1995 para dar a coñecer a entidade e a súa sede, a Casa de España en Costa Rica, conservado en formato papel.
Folleto editado polo Concello de Betanzos, o Consello da Cultura Galega e a Fundación 10 de Marzo como edición facsímil do publicado polo Centro Betanzos de Bos Aires en xullo de 1955.
A Irmandade Galega de Bos Aires, nesta folla informativa, reflicte a súa opinión sobre o "II Congreso de la Emigración Española a Ultramar" que estaba próximo a celebrarse na Coruña, entre o 3 e o 12 de outubro de 1959
Fax enviado pola Subcomisión de Cultura do "Centro Gallego de Azul" a José María Fernández Pazos, do "Servicio de Radio Gallega al Exterior", co obxectivo de compartir o seu programa radial "Punto de Encuentro".
Fax enviado por Graciela Pérez, filla do Presidente da sociedade "Centro Gallego de Santa Fé", ao coordinador do Arquivo da Emigración Galega, Marcelino Fernández Santiago, o día 28/09/1998 en contestación á súa solicitude de información.
Estatutos sociais do Centro Arzuano Mellidense, aprobados polo Ministro de la Nación por resolución C. 5552, o 1 de de outubro de 1970. Aparece claramente reflexado que é unha asociación "con casa propia y personería jurídica" (28 páxinas) (fotocopiados)
Estatutos sociais da "Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Golada y contornos" aprobados pola Asemblea Xeral Ordinaria o día 17/05/1945 e publicados o mesmo ano.
Sociedad de beneficencia y recreativa hijos de Golada y afines
Estatutos da "Sociedad residentes del ayuntamiento de Portas y sus contornos" reformados o día 26/06/1948 e publicados en 1949, conservados en formato papel (fotocopias) e en formato dixital.
Sociedad residentes del ayuntamiento de Portas y sus contornos
Estatutos da "Sociedad Parroquias Unidas de Cotovad en Buenos Aires", reformados o día 01/10/1944 en Asemblea Extraordinaria e publicados no mesmo ano:
1 documento de 18 páxinas en formato fotocopias e en microfilme