Programa das actividades organizadas pola sociedade "Lar Gallego de Pamplona" polo Día das Letras Galegas de 1996, adicado a Jesús Ferro Couselo, conservado en formato papel.
Programa das actividades organizadas pola sociedade "Lar Gallego de Pamplona" nas festas patronais Santiago Apóstolo de 1984, coa actuación do coro infantil "Os Fillos de Breogán", conservado en formato papel.
Folleto sobre as VII xornadas culturais Federación de Casas Regionales en la Comunidad Foral de Navarra, organizadas pola "Federación española de casas regionales y provinciales" e celebradas en Pamplona os días 7 a 15 de outubro de 1995, conservado en formato papel (24 páxinas).
Federación española de casas regionales y provinciales
Programa de actividades do II Día de Hermandad de los Centros Regionales, celebrado o 26 de xuño de 1988 no Pabellón de la Marga, Santander, conservado en formato papel.
Folleto editado pola Casa de Galicia en Cantabria e o Centro Gallego de Santander co programa de conferencias do VI Ciclo Cultural celebrado en novembro de 2005, conservado en formato papel.
Folleto publicado pola Obra Cultural da Caja de Ahorros Popular de Valladolid para difundir a mostra de pintura das Casas rexionais en Valladolid, celebrada entre o 19 e o 29 de novembro de 1983, conservado en formato papel.
Estatutos da Casa de Galicia en León, redactados de conformidade co acordado na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 07 de outubro de 1988, conservados en formato papel (fotocopias).