Estatutos do Centro Galego de Barcelona aprobados en Asamblea Xeral Extraordinaria do 10/11/1984, publicados co texto en galego e en castelán (30, 31 páxinas), conservados en formato papel.
Copia certificada en 1962 dos Estatutos do "Centro deportivo y social de bolos Valle Miñor", aprobados o 07/10/1948, con indicación da concesión de personería xurídica, conservada en formato papel (fotocopias).
Certificado notarial dos Estatutos do "Centro Social y Cultural Bergantiños" do 28/08/1973, aprobados en Asemblea Xeral Extraordinaria do día 24/03/1973 con inscrición no Rexistro de personerías xurídicas, conservado en formato papel (fotocopias).
Centro social y cultural Bergantiños de Montevideo
Estatutos da "Sociedad española de beneficencia de Panamá" revisados e ordenados en Asemblea Xeral Extraordinaria o día 07/02/1991, conservados en formato papel.
Na "Carta orgánica" da "Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina" a Federación presenta un preámbulo, unha declaración de principios, o programa de acción e os estatutos federais do ano 1939.
Federación de sociedades gallegas de la república Argentina
Na "Carta orgánica de la Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina" a Federación presenta unha declaración de principios, o programa de acción e os estatutos aprobados na asamblea do día 14 de marzo de 1975.
Federación de sociedades gallegas de la república Argentina
Estatutos da "Asociación española de beneficencia de Costa Rica" actualizados na Asemblea Xeral Extraordinaria do día 28/03/1995, conservados en formato papel.