Díptico co programa de actividades organizadas pola "Agrupación Cultural Gallega Alborada" na XIII Festa galega celebrada en xullo de 2010 en honor a Santiago Apóstol, conservado en formato papel.
Enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta pola sociedade "Agrupación artística gallega" a petición do Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega (2004) e emblema societario en color e en branco e negro, conservados en formato papel.
Volume que recolle a propaganda electoral e os membros dos diferentes consellos directivos da "Hermandad Gallega de Venezuela", conservado en formato dixital.
Tarxeta postal enviada por Xuntanza Fillos de Ourense e Fundaourense como felicitación navideña, cos emblemas societarios, conservada en formato papel.
Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada o día 05/05/1933 por veciños de Caxide ao Presidente da sociedade, Avelino Rodríguez, solicitando axuda para a construcción dunha fonte e lavadoiro.
Certificado do día 20/05/1934 conforme Manuel Hermo Carballo recibiu un cheque da sociedade para construir a fonte e lavadoiro.