Estatutos da Casa de Galicia en León, redactados de conformidade co acordado na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 07 de outubro de 1988, conservados en formato papel (fotocopias).
Estatutos sociais da entidade aprobados en febreiro de 1951 e publicados en 1952 (15 páxinas) conservados en formato papel (fotocopias) e en formato dixital.
Estatutos da "Sociedad de Instrucción, Protección y Recreo Hijos de San Miguel y Reinante" aprobados o 15/05/1951 (27 páxinas), conservados en formato dixital e impresos de maneira incompleta.
Estatutos de "Lar Gallego de Pamplona" publicados en xaneiro de 1987 e aprobados na Xunta Xeral Extraordinaria celebrada o 23/11/1986, conservados en formato papel.