Documento mecanografado con motivo da "IV Confraternización de Xeracións Galego-Bahianas", coas cantigas compiladas polo centro a partir da contribución dos homenaxeados, conservado en formato papel.
Folleto editado polo Concello de Betanzos, o Consello da Cultura Galega e a Fundación 10 de Marzo como edición facsímil do publicado polo Centro Betanzos de Bos Aires en xullo de 1955.
Estatutos e regulamento interno da Casa de Galicia de Río de Janeiro (23 páxinas) reformados na Asemblea Xeral Extraordinaria do día 19 de novembro de 1958, conservados en formato papel.
Copia certificada en 1992 dos Estatutos do "Centro pontevedrés, social y deportivo de Montevideo" coa concesión de personería xurídica outorgada en 1960, conservada en formato papel (fotocopias).
Centro pontevedrés, social y deportivo de Montevideo
Estatutos do "Centro Galicia en Ponferrada" (15 páxinas), redactados de conformidade co establecido na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 15 de xullo de 1992, conservados en formato papel.
Estatutos do Centro Galego de Barcelona aprobados en Asamblea Xeral Extraordinaria do 10/11/1984, publicados co texto en galego e en castelán (30, 31 páxinas), conservados en formato papel.